Persoal

O PP acusa ao bipartito de pór en solfa o futuro da Banda Municipal que leva 4 anos sen actuar

By 8 Marzo, 2021Sin comentarios

A concelleira popular Beatriz Vázquez, tras coñecerse a sentenza que condena por agresión a un músico da banda municipal,  pide ao BNG que active o expediente disciplinario ao traballador que a protagonizou, no ano 2017, “non se poden permitir agresións físicas en ningún ámbito municipal”

O Partido Popular, tras coñecer a sentenza pola  que condena a agresión dun músico da banda municipal a unha compañeira durante un ensaio, quere saber “se se vai activar o expediente disciplinario ao traballador que foi xulgado”. A concelleira popular Beatriz Vázquez preguntará en comisión “en que punto está este proceso administrativo que quedou paralizado á espera da sentenza”. A popular pide ao BNG que “non frene este expediente xa que hai que dar unha solución ao futuro da banda e non dilatar máis a súa agonía”

Xa noutra orde de cousas, dende o PP tamén se interesaron polo futuro da banda que “semella estar enquistado dende hai catro anos” e preguntan ao bigoberno “cando vai rematar o proceso para designar ao director e se van a contratar con celeridade a máis músicos unha vez que ocupe a súa praza”.

Beatriz Vázquez reflexionaba sobre a situación “caótica da banda municipal de Lugo que o PSOE iniciou desmantelándoa, e que agora o BNG está a liquidar”. Dende que tivo lugar a agresión no ano 2017 os 18 músicos da banda non volveron a actuar en público “a situación deste persoal municipal é esperpéntica, estamos desperdiciando o talento duns profesionais que, nestes momentos, cinguen a súa función a traballos de ensinanza na Escola Municipal de Música”.

Dende a chegada do PSOE á alcaldía de Lugo o número de músicos pasou de 48 aos 18 actuais. Dende o Grupo Popular reclamamos en reiteradas ocasións impulsar esta agrupación musical porque a consideramos moi importante “temos os instrumentos, temos as instalacións e agora si se incorpora o Director só faltan máis músicos”. Vázquez lamentou que a formación viva o seu peor momento dende a súa creación no ano 1879 “é moi triste que a banda máis antiga de Galicia e representativa de Lugo, esté en coma e sen visos de recuperación”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies