O PP acusa ao bigoberno de utilizar o Concello como unha Axencia de colocación

By 16 Abril, 2021Persoal

Tras coñecerse unha sentenza na que obrigan ao Concello de Lugo a incluir no cadro de persoal municipal ás catro operadoras da empresa concesionaria do 010 despedidas en decembro de 2019

A sentenza que se emitiu o pasado 31 de marzo recoñece o dereito de catro traballadoras da empresa do 010 a entrar na plantilla municipal, como persoal laboral indefinido, porque durante longo tempo desempeñaron as súas tarefas en locais do Concello, recibiron órdenes de persoal municipal e tamén empregaron medios públicos.

A sentenza xudicial declarou a nulidade do despido das catro traballadoras do 010 con data do 20 de decembro de 2019 e a abonar os salarios que deixaron de percibir así como a obriga de readmisión polo Concello de Lugo e a empresa concesionaria.

Á vista do sucedido os populares anunciaron que pedirán explicacións a PSOE e BNG porque queren saber “cantas persoas traballan para o Concello en condicións semellantes ás das catro traballadoras ás que o xulgado recoñece o seu dereito a integrarse na plantilla municipal”. “Moito nos tememos que poida haber máis casos e que, antes ou despois, acaben na plantilla do concello mediante sentenzas que lles sexan favorables”.

Os populares acusan a PSOE e BNG de implantar un modelo de portas xiratorias para facilitar a entrada de persoal pola porta de atrás lembrándolles que “o único modo de acceder á Administración é o que se rixe polos criterios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade”. “É incomprensible que pasen estas cousas nestes momentos” preguntándose “se cadra os tempos novos que pregonan o PSOE, co visto bo do BNG, son máis rancios que nunca”.

Leave a Reply

three + two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies