Cultura

O PP acusa ao bigoberno de regalar a explotación da publicidade “en exclusiva” dos programas do San Froilán

By 25 Agosto, 2022Sin comentarios

O Partido Popular acusa ao bipartito de “regalar a explotación, en exclusiva, da publicidade dos programas do San Froilán. Un ano máis están renunciando a obter un diñeiro extra” e entregan a xestión dos anuncios a unha empresa que vai quedar cos beneficios destas operacións mentres que o concello só recibirá un importe mínimo de 2.500 euros, que poderá ser obxecto de incremento á alza na oferta.

 A xuizo da edil do PP Beatriz Vázquez “o primeiro indicativo da falta de previsión é que a día 24 de agosto estén distribuíndo tarifas e chamando a empresas e negocios de Lugo en nome do concello para invitalos a que contraten espazos no programa de festas”. “Outro indicativo da súa improvisación témolo nos prazos que dan para distribución dos programas que o fixan entre os días 28 ao 30 de setembro, é dicir catro días antes dos festexos” resume Vázquez.

Os populares tamén consideran “sospeitoso” que sexa a mesma empresa leonesa, que leva a dedo dúas décadas disfrutando da explotación publicitaria do San Froilán, a que curiosamente gañe o concurso que cultura sacou a licitación en pleno verán. A apertura de sobres ten data do 18 de agosto. Os populares  tamén censuran que se blinde este contrato para o ano 2023 a esta mesma empresa de Ponferrada.

O Grupo Popular apunta que todo parece indicar que estamos diante doutro dos contratos teledirixidos deste bigobierno e censura que “non funcione o rexistro de empresas que defende o Grupo Popular para garantir a participación das firmas locais en contratos de obras, servizos e suministros que se xestionan mediante invitación a varias empresas”.

Por último Vázquez tamén reclama un control das unidades que se van a distribuir nas provincias galegas, Asturias e León e piden que se “certifique a entrega dos 59.000 exemplares impresos así como os lugares de entrega”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies