O PP acusa ao bigoberno de falsear os orzamentos de 2020 e lastrar a cidade xa que a liquidación amosa que só recadaron un 46% do que prevían 

By 12 Maio, 2021Economía

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que tanto a rexedora como o vicealcalde estimaron ter en 2020 uns ingresos de 149.572.823,43€, de acordo coa liquidación aprobada en pleno, pero só recadaron 69.455.563,94€, un dato que evidencia o que se denunciou en numerosas ocasións dende o PP, que os orzamentos de PSOE e BNG estaban inflados e moi lonxe da realidade

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, afirma que os datos da liquidación dos orzamentos de 2020 certifican o que no seu momento se denunciou por parte do PP, que os orzamentos que elaboraron e aprobaron PSOE e BNG “estaban falseados” e non se correspondían coa realidade.

Antonio Ameijide explica que segundo os datos da liquidación de 2020 o Concello de Lugo só recadou o 46,4% dos ingresos que tiña previstos, o que demostra que as contas de Méndez e Arroxo, as primeiras que realizaron como bigoberno, “estaban infladas” e non se correspondían coa realidade dunha cidade como Lugo.

Segundo estes datos, tanto Méndez como Arroxo tiñan unha previsión inicial de ingresos de 100.061.680,84€, unha cifra á que posteriormente sumaron créditos e suplementos, o que deixou unha cifra total de ingresos agardados de 149.572.823,43€. Pero a realidade é a que é, e o Concello de Lugo tan só ingresou durante o ano 2020 69.455.563,94€, unha cifra moi inferior ás previsións da alcaldesa e o vicealcalde.

Ao estudar o desglose de ingresos por partidas, pode comprobarse como Méndez e Arroxo están moi lonxe da realidade xa que hai partidas nas que “inflaron” a cifra de ingresos esperados, pero a liquidación deulles unha lección de realidade.

Concepto Ingreso estimado Ingreso real %Recadado
Imposto sobre o incremento do valor de terreos de natureza urbana (plusvalías) 2.700.000,00 € 529.876,36 € 19.6%
Imposto sobre construccións, instalacións e obras 2.000.000,00 € 717.262,11 € 35.8%
Taxa por licenzas urbanísticas 800.000,00 € 337.916,59 € 42.2%
Taxa por subministración de auga potable 4.947.007,00 € 1.877.085,45 € 37.9%
Taxa por sumidoiros 2.750.000,00 € 1.041.087,59 € 37.9%
Taxa por recollida domiciliaria de lixos 7.281.230,11 € 3.365.774,01 € 46.2%
Taxa por licenza apertura establecementos 300.000,00 € 96.753,60 € 32.2%
Taxa por inmobilización, retirada e depósito de vehículos 130.000,00 € 30.594,40 € 23.5%
Prezo público por entradas en exposicións e espectáculos 100.000,00 € 14.549,80 € 14.0%
Multas por infraccións da Ordenanza de circulación 2.000.000,00 € 710.886,23 € 35.5%
Outras transferencias da Unión Europea 3.193.142,55 € 29.038,10 € 0.9%
Outras transferencias da Unión Europea 2.704.000,00 € –   € 0.0%

 

Como se pode ver na táboa anterior, as previsións de ingresos estimadas por Méndez e Arroxo distan moito das reais, polo que pode dicirse que os datos da liquidación de 2020 deron “unha lección de realidade” á alcaldesa e ao vicealcalde.

Por exemplo, no que se refire ao imposto de sobre construccións, instalacións e obras e as taxas por licenzas urbanísticas, a diferencia entre ingresos estimados e reais débese, principalmente, ao colapso na concesión de licenzas que hai no Concello de Lugo.

No referente ás taxas por apertura de establecementos ou entradas por espectáculos e exposicións, está claro que a crise da covid afectou, pero, tal e como informa o interventor municipal nun informe recente hai “un importante estancamento na evolución dos ingresos, completamente diferente á evolución ascendente en materia de gastos”, unha situación que afirma “non imputable á situación extraordinaria actual motivada polo COVID19”.

Leave a Reply

fourteen + 19 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies