LimpezaMedio Ambiente

O PP acusa ao bigoberno de “despreocuparse” do problema dos excrementos caninos na rúa

By 11 Decembro, 2020Sin comentarios

Os populares explican que hai malestar entre a veciñanza porque “en moitas zonas axardinadas ou en determinados barrios cada vez hai máis feces de cans nas vías públicas sen que a administración local poña coto a este continuo problema”

O Grupo Popular, facéndose eco das perpetuas queixas veciñais, insta ao bigoberno a que adopte xa medidas para evitar as moléstias para os veciños, a mala imaxe e a insalubridade que provocan as feces de cans en vía pública e nas zonas de esparcimento. A concelleira popular Beatriz Vázquez explica que “os cidadans ven que hai unha certa despreocupación da administración local que non exerce ningún control sobre os infractores”.  “Todo o que levan feito son campañas esporádicas de concienciación, a última en 2018, para conseguir unha foto e despóis olvidarse, sen atallar de forma definitiva este problema”, matizou.

Para coñecer con exactitude o grao de implicación do bigoberno con esta problemática dende o Grupo Popular solicitan que “se faciliten diferentes datos como o número de multas que se impuxeron por non recoller as feces dos cans, por levalos sen correas ou sen as medidas específicas para aqueles que son de razas perigosas”.

A popular asegura que “é evidente que esta situación se debe ao incivismo dalgúns dos propietarios de animais, pero tamén é obligación do Concello combatila e correxila por todas as vías que ten ao seu alcance para que non se perpetúe”. Beatriz Vázquez lembra como na Lei de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en cautividade atribúe aos alcaldes “a responsabilidade superior na defensa e protección dos animais no ámbito dos seus municipios” (artigo 16 da Lei 1/1993 de 13 de abril). A concelleira popular recalcou que  “Lugo é a cidade de Galicia con máis cans por habitante e non se fai nada para que a convivencia mellore neste sentido, é lóxico que os propios donos de mascotas respetuosos cos demais, sexan os que máis se queixen sobre esta deixadez por parte da administración local”. “As campañas de concienciación son inútiles se non van acompañadas de medidas disuasorias por iso consideramos que  se se fan campañas, non deben de queidar nun caixón ao dia seguinte de facerse a foto, hai que insistir de forma periódica para concienciar á cidadanía” indicou Vázquez.

A concelleira popular Beatriz Vázquez pide que se fagan públicos os datos sobre as sancións impostas nos dous últimos anos en Lugo “por non recoller as feces dos cans, por levalos sen correas ou sen as medidas específicas para aqueles de razas perigosas, así como tamén o número de sancións por maltrato animal e abandono”.

Os populares recalcan que “son uns poucos os que incumpren as normativas de convivencia e non recollen os excrementos das súas mascotas, ou mesmo os deixan mexar en calquera lugar, pero danan gravemente a imaxe de todos os demáis cívicos propietarios lucenses que precisamente son os primeiros en ser os máis críticos con este tipo de comportamentos”.

Responder

twelve + one =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies