Servizos sociaisTransparencia

O PP acusa a Racamonde de mentir descaradamente e desvela que o goberno local perde 1.000 horas ao mes do SAF

By 21 Febreiro, 2020Sin comentarios

Os populares piden á concelleira socialista que “deixe de faltar a verdade porque non é digno do cargo público que ostenta, que faga autocrítica e que recoñeza que o SAF pode mellorar axilizando o consumo das 15.482 horas mensuais que lles concede a Xunta de Galicia”

O Partido Popular  considera moi grave que a concelleira de Servizos Sociais “minta de forma tan descarada e nin se poña colorada” cando fala da situación das horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no concello de Lugo.

Carmen López Silva explicou que con data do 20 de febreiro, data na que se celebrou a comisión de benestar, o concello de Lugo tiña 1.239 horas sen asignar polo que pregunta á socialista “cal é o motivo polo que están perdendo esas horas que podían estar prestando a lucenses que o precisan?.  Esta situación supón unha irresponsabilidade e denota unha falta de xestión por parte desta concellalía”, recalcou a popular.

A concelleira do PP explicou que “se ben pode comprender que queden unhas horas dispoñibes para atender algunha emerxencia” considera “unha insensatez que queden sen consumir tantísimas horas mensuais do SAF tendo en conta que hai usuarios que as reclaman”.

López Silva explicou que a Xunta concede 15.482 horas para dependencia ao concello de Lugo e que “quedaron sen consumir, de forma sistemática, ao longo do ano 2019 unha media de mil horas mensuais”. Para a edil do PP é necesario corrixir esta situación matizando que “todo apunta a que está motivada por unha falta de organización na prestación deste servizo”. A popular tamén lembrou que a administración autonómica o pasado exercicio fixo unha achega de 1.508.636,79 € para o Servizo de Axuda ao Fogar do municipio lucense.

Carmen López Silva pide á concelleira socialista que “deixe de faltar a verdade porque non é digno do cargo público que ostenta, que faga autocrítica e que recoñeza que o SAF pode mellorar axilizando o consumo de todas as horas que lles concede a Xunta de Galicia”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies