Obras

O PP acusa a Méndez e Arroxo de boicotear a campaña de Nadal dos comerciantes de Camiño Real cunhas obras mal planificadas

By 20 Decembro, 2022Sin comentarios

Concelleiros populares estiveron esta mañá visitando as obras e falaron con veciños e comerciantes e comprobaron que esta peonalización en falso “non se realizou en consenso con veciños e comerciantes” unha nova mostra de que PSOE e BNG gobernan de costas aos lucenses

Os veciños e comerciantes do treito de Camiño Real comprendido entre a Ronda da Muralla e a rúa Concepción Arenal séntense maltratados polo goberno local ao ver as molestias que xeran as obras de peonalización deste treito, traballos que non se consultaron nin se fixeron en consenso cos residentes e comerciantes.

Para os populares “o goberno local segue enganando e dando as costas aos lucenses” ao desenvolver “unhas obras que ninguén pediu” e ao prometer que as paralizarían durante o Nadal (do 23 de decembro ao 8 de xaneiro) cando eran coñecedores de que polo convenio da construcción non haberá obreiros traballando.

Esta non é a única vez que desde o goberno local minten descaradamente aos veciños, xa que hai poucos días que Lara Méndez fixo o mesmo cos veciños da Louzaneta. Nesta zona do municipio, o Concello de Lugo tiña que haber executado, de xeito subsidiario, o soterramento do tendido eléctrico e logo repercutir o custo aos veciños afectados. “Non o fixeron en 10 anos e agora, antes das eleccións, volven a prometelo”, explican.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies