InfraestruturasTráfico

O PP acusa a Lara Méndez e Rubén Arroxo de converter o aparcamento nun dos principais problemas para os lucenses ao non compensar nin as prazas que eliminaron

By 10 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Antonio Ameijide lamenta que fronte as propostas dos populares para crear máis de 1.000 novas prazas de estacionamento en diferentes barrios de Lugo, a alcaldesa e o vicealcalde seguen a castigar aos veciños ao non repoñer nos barrios as prazas de aparcamento que eliminaron

Os problemas de tráfico e aparcamento seguen a ser os que máis preocupan aos lucenses debido aos constantes cambios no sentido de circulación de numerosas rúas neste mandato, as peonalizacións de rúas e a destrución de centos de prazas de aparcamento.

Antonio Ameijide pon sobre a mesa esta situación, que dificulta seriamente o día a día dos lucenses. “Vaia por diante que non estamos en contra da reestruturación do tráfico ou de peonalizar rúas, pero sempre partindo de consensos cos veciños afectados, con informes de tráfico que apoien a necesidade de realizar eses cambios e de dar alternativas no entorno ao estacionamento que se suprimiu”, explicou.

Entre as decisións máis controvertidas de Lara Méndez e Rubén Arroxo está  supresión de 301 prazas de aparcamento no barrio da Residencia (en rúas como Marques de Ombreiro, Saúde, López Guntín, Azalea ou Orquídea) para implantar o carril bici, decisión “moi protestada” por veciños e polo propio Grupo Municipal Popular ante a que “Lara Méndez unicamente deu como resposta crear un aparcadoiro disuasorio na Rúa Trapero Pardo con menos de 20 prazas dispoñibles”.

Unha decisión moi controvertida a pesar dos importantes proxectos que se están a desenvolver no corazón do barrio (residencia de maiores, centro integral de saúde, oficina de emprego e unha planta de biomasa) motivo polo que a Xunta de Galicia anunciou a creación dun aparcadoiro con 150 novas prazas de estacionamento para facer fronte ás necesidades de aparcamento que xurdirán nos vindeiros meses.

“Pero o problema do estacionamento é algo xeral en toda a cidade e non hai xuntanza nun barrio ou parroquia na que os veciños poñan este problema como o principal”, recorda Antonio Ameijide, que pon sobre a mesa as numerosas propostas que o Grupo Municipal Popular defendeu nos últimos anos para paliar a perda de prazas de estacionamento e que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo decidiron botar por terra.

Unha das propostas que máis gustou entre a poboación foi a idea do PP de asinar convenios con propietarios de solares sen uso na contorna do casco histórico para habilitar preto dun milleiro de novos estacionamentos. As localizacións propostas son:

Zona Distancia Ronda Muralla Metros cadrados Número aprox. plazas
Río Neira 120 m 1.368 54
Rúa Castelao 190 m 3.221 128
Fontiñas 300 m 2.735 108
Avenida Vilaverde 380 m 1.548 61
Rúa Miguel Murguía 380 m 6.848 273
Rúa Otero Pedrayo 570 m 2.129 85
Rúa Escocia 600 m 2.656 106
360 m distancia media 20.505 m2  TOTAL 815

 

Pero tamén se realizaron outras propostas, como as tres posibilidades presentadas para a Ronda das Fontiñas: un aparcamento en altura no talud do parque dos Paxariños, á altura do número 129, ou ben, noutro terraplén situado á altura do número 99-105 desta avenida, un aparcamento subterráneo no tramo comprendido entre a Praza do Camiño Primitivo e a rúa Doutor Balanza ou na rúa Primavera. “Falamos de que entre todas estas propostas poderían crearse unhas 500 novas prazas”, recordou.

Tamén se propuxo o repintado dos estacionamentos na Praza de Augas Férreas para habilitalos en batería e así gañar novas prazas de aparcamento.

Fronte a estas propostas, estudiadas e en consenso cos veciños, Lara Méndez e Rubén Arroxo deciden negarse a poñelas en marcha, mentres seguen eliminando estacionamentos ou creándoos en zonas onde na actualidade non son necesarios e que non presentan as condicións axeitadas, como o leirapárking do Hula, “que en lugar de ser un aparcadoiro e unha lameira”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies