Economía

O PP acusa á alcaldía de intentar facer un contrato de máis de 200.000€ teledirixido para captación de fondos europeos

By 12 Abril, 2022Sin comentarios

Os populares desvelaron que na Xunta de Goberno que se celebrará este mércores “o PSOE e o BNG deberán decidir se continúan coa adxudicación desta asistencia técnica ou ben se recapacitan e dan marcha atrás” tralas advertencias dos funcionarios municipais que veñen solicitar que se desestime a oferta desta empresa madrileña

O PP puxo sobre a mesa un posible caso de contrato a dedo adxudicado por alcaldía. O asunto saltou logo de que o pasado venres na mesa de contratación da asistencia técnica para elaborar o plan de acción da axenda urbana “Lugo cidade verde” os propios funcionarios cuestionasen a súa adxudicación. Segundo consta na acta da xuntanza os técnicos solicitaron propoñer ao órgano de contratación o desistimento do procedemento de adxudicación e esta decisión supón elevar o expediente, por vía de urxencia, á Xunta de Goberno que se vai celebrar este mércores.

A concelleira popular Mar Carballas pide que “pola imaxe da institución que todos representamos a alcaldesa e o seu vicealcalde deben aclarar se hai algún tipo de trato a favor á empresa madrileña que, en base a criterios subxectivos, tal e como indican os funcionarios obtivo a máxima puntuación”.

Dende o Grupo Popular destacan que, de manter esta adxudicación de 242.000€, estaríamos ante o segundo contrato que ten a empresa Khora Urban Consulting co Concello de Lugo lembrando como “en decembro obtivo, a través dun contrato menor directo de alcaldía, 18.000 € para deseñar, precisamente, as bases do concurso nos que arestora está mellor posicionada”.

Carballas reclama unha explicación pública para evitar sospeitas de trato a favor a unha empresa dado que na mesa de contratación os técnicos apuntaron que podería existir unha infracción do procedemento xa que “non se tomaron todas as medidas posibles para dispensar un trato igualitario aos licitadores poñendo en cuestión o principio de transparencia e liberdade de acceso”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies