O PP acada por terceira vez a unanimidade do pleno para que Lugo conte cunha ordenanza que regule o uso das instalacións deportivas municipais

By 29 Xullo, 2021Deportes, Infraestruturas

Os populares acadan a unanimidade para crear unha ordenanza para regular o uso das instalacións deportivas municipais, proposta que xa se aprobara en dúas ocasións previas, ambas a iniciativa do PP, polo que agardan que no goberno local desta vez si se poñan a traballar e Lugo conte nun breve prazo con esta normativa.

O deporte promove o desenvolvemento e a integración social, xera sentido de pertenencia, forma en valores e virtudes, axuda á convivencia, estimula o cerebro, eleva a autoestima, forxa a disciplina, reduce o estrés… Polo tanto, a práctica deportiva ten moitos beneficios para as persoas, tanto desde o punto de vista saudable como desde o punto de vista social.

No Concello de Lugo existe un importante tecido asociativo deportivo (clubes, asociacións e entidades deportivas…) que levan a cabo un importante traballo de fomento do deporte, sobre todo, do deporte base.

Como sexa que a demanda de dotacións municipais non se axusta á oferta existente, é o momento de dar un paso adiante para dar resposta ás necesidades dos diferentes usuarios das instalacións deportivas e facer un regulamento que dé soporte á disposición dos diferentes pavillóns, pistas…. É preciso mellorar e incorporar novos espacios, pero tamén é preciso facer que os exitentes sexan accesibles a todos os usuarios garantindo un criterio obxectivo que de acceso aos mesmos, así como clarificar os dereitos e obrigas que teñen os usuarios das instalacións deportivas municipais.

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

  1. Elaborar unha ordenanza municipal que regule o uso das instalacións deportivas municipais.

Leave a Reply

twenty − twelve =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies