Infraestruturas

O PP acada a unanimidade do pleno para que o Goberno central mellore a conexión do Polígono das Gándaras coa A-6

By 29 Decembro, 2022Sin comentarios

Os populares conseguiron o compromiso de PSOE e BNG par instar ao Goberno de España a iniciar os traballos necesarios para o desdobramento e iluminación da Ronda Norte así como deseñar unha vía de servizo que conecte a A-6 co polígono das Gándaras, actuacións fundamentais para que as empresas lucenses sexan máis competitivas

As empresas están chamadas a cimentar o crecemento económico, a sustentabilidade e a cohesión social dunha cidade e para isto precisan de espazos con equipamentos, recursos e coas infraestruturas operativas precisas para desenvolver a súa actividade. Así, a creación de parques empresariais ou industriais permite a retroalimentación do sector empresarial que con esta localización crea unha separación de espazos entre as localizacións de desenvolvemento industrial e os espazos urbanos.

Hai algo máis de catro décadas poñíase en marcha o Polígono industrial de O Ceao, un polígono que permitía á industria lucense instalarse nun lugar que sería o motor da economía da cidade e da provincia. Ante a case total ocupación deste polígono e a demanda existente, posteriormente púxose en marcha o Polígono de As Gándaras que veu a dar resposta á demanda existente de superficie industrial. Tal é así que a día de hoxe xa hai dúas fases deste polígono con toda a súa superficie adxudicada e estase a realizar unha ampliación de 140 parcelas (terceira fase) e xa están en previsión as seguintes fases.

Pero non só se trata de dar superficie e parcelas, os polígonos precisan servizos e infraestruturas axeitadas e que faciliten a actividade empresarial.  Así, en Lugo, faise preciso mellorar a conectividade entre ambos parques así como os accesos a cada un deles para posibilitar a implantación e a consolidación empresarial. Estamos a falar dunha demanda compartida coas asociacións empresarias e que é clave para a competitividade do municipio.

É por isto que o Partido Popular presentaba unha serie de emendas aos orzamentos nacionais, pedindo, entre outras,  “habilitar unha consignación para  facer vías de servizo paralelas a A-6 co ánimo de desconxestionar os accesos ao polígono do Ceao así como facilitar as entradas e as saídas de vehículos do polígono das Gándaras” e para o desdobramento e iluminación da Ronda Norte xa que na actualidade presenta uns elevados índices de circulación. Ambas solicitudes foron rexeitadas polo goberno central.

Ademais das conexións do Polígono industrial das Gándaras, tamén é preciso maior implicación do Concello de Lugo no mantemento viario, limpeza, mantemento de beirarrúas, zonas verdes… xa que se atopan nun deficiente estado de mantemento.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. O Concello de Lugo inste ao Goberno de España, como titular destas infraestructuras, a iniciar os traballos necesarios para o Desdobramento e iluminación da Ronda Norte así como deseñar unha vía de servizo que conecte a A-6 co polígono das Gándaras. Contando no seu deseño co asesoramento necesario e criterios marcados polo Concello de Lugo e a Xunta de Galicia.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies