ProposiciónServizos sociaisTráfico

O pleno apoia a iniciativa do PP para elaborar unha Ordenanza para combater o problema dos gorrillas

By 26 Maio, 2016Sin comentarios

O Partido Popular solicitou ao goberno local que poña coto á actividade dos gorrillas no entorno do HULA e, nese senso, reclamou en pleno o respaldo a seguinte iniciativa para  elaborar unha normativa que prohiba esta práctica.

Elaboración Ordenanza para combater problemas gorrillas

No Pleno celebrado o 7 de outubro de 2013 aprobouse unha iniciativa a instancia do Partido Popular na que se solicitaba  a adopción de medidas para atenuar ou evitar a actividad dos gorrillas no entorno do HULA. A devandita iniciativa, a pesares de ser aprobada, ata o día de hoxe non se adoptou por parte do equipo de goberno ningún tipo de medida, para dar cumprimento a mesma. Esta actividade, ao longo dos últimos anos, está a consolidarse na nosa cidade, de feito lonxe de reducirse, está a sufrir un incremento no número de conflitos  xerados, como poden ser:  intimidacións, agresións verbais e incluso nalgunhas ocasións agresións físicas. Igualmente está a aumentar de xeito preocupante o número de individuos que se adican a esta práctica, situación que ademais se pode ver agravada debido ao aumento do número de estacionamentos no entorno do HULA, algo que vai a favorecer ao entorno, pero como contrapartida pode exercer de efecto chamada a máis persoas para exercer dita actividade.

Unha forma de contrarrestar esta situacion sería coa elaboración dun plan específico que teña por finalidade atallar a cuestión dos gorrillas, o cal afecta aos condutores, veciños da  zona, etc… Este plan debería dar resposta aos motivos que provocan que estas persoas leven a cabo esta práctica, buscando as posibles solucións e alternativas a este grave problema de carácter social.

Asi mesmo é necesaria a aprobación dunha ordenanza específica que prohíba a práctica de gardacoches ilegais ou gorrillas no Concello de Lugo, dando resposta a demanda cidadá e da propia Policía Local os cales precisan dun amparo legal ou normativo para combater con maior efectividade esta práctica.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE: 

Que o Concello de Lugo elabore no menor prazo posible un plan específico e unha ordenanza que teñan por finalidade a prohibición da práctica dos gardacacoches ilegais ou gorrillas.

Responder

17 + fifteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies