Transparencia

O Partido Popular lamenta que PSOE e BNG estivesen en 2021 máis pendentes de vixilarse entre eles que de traballar por Lugo

By 23 Decembro, 2021Sin comentarios

Ramón Carballo enumerou algunhas das propostas feitas polo Grupo Popular no último ano “que o goberno local tumbou só por vir da man do PP” destacando que “a política útil e a escoita activa  marcou as accións do equipo do PP na cidade de Lugo”

No pleno do debate do Estado da Cidade celebrado hoxe o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Ramón Carballo asegurou que “o goberno de esquerdas de Lugo toma decisións de forma improvisada (Carril Bici, Caldas do Miño); que hipoteca aos lucenses coas súas malas decisións (fábrica da luz e Garañón); que complica o tráfico en Lugo (non se dan alternativas para aparcar, seguimos sen ORA); que sigue bloqueando proxectos (a unión do Paseo Miño-Rato a apertura do novo Auditorio de Magoi); que asfixia ás familias con sobrecustes dos recibos da auga, ou con sablazos dos vados; que é incapaz de mellorar o aseo urbano; que permanece de brazos cruzados diante de problemas que afectan á seguridade cidadá (ordenanza convivencia, poñer coto a okupas, videovixilancia monumentos emblemáticos) que non soluciona os problemas do urbanismo (PXOM, PEPRI, colapso licenzas) e que perpetúa o modelo abusivo de  contratos menores.

Durante a súa intervención Ramón Carballo  destacou que “tanto o PSOE como o BNG teñen un déficit preocupante e galopante de escoita activa aos cidadáns”. Fronte a esta actitude o Partido Popular tende a man ao goberno de Lara Méndez e Arroxo como así o demostran as iniciativas presentadas ao longo deste ano. O voceiro popular concluiu “nós facemos unha política cos pés na terra, unha política útil para solucionar problemas do día a día dos veciños”.

Para o Grupo Municipal do Partido Popular o principal valor de Lugo son os os seus veciños e, por iso, o emprego e a atención ás persoas son prioritarios. “Os lucenses non queren un bipartito con dúas visións diferentes do municipio”, zanxou.

Responder

twelve − five =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies