Obras

O GMPP reclama un paso peonil para atravesar a mediana da Avenida de Magoi

By 9 Xaneiro, 2017Sin comentarios

Os populares lembran que os socialistas “eliminaron en 2012 unha escaleira que había nesta zona sen ofrecer unha alternativa aos máis de 200 veciños e comerciantes do barrio de Acea de Olga que levan dende aquela reclamando que se recupere este acceso”

O Grupo Municipal do Partido Popular reclama ao goberno local unha solución para salvar a mediana da Avenida de Magoi á altura dos números 102,104 e 106”. Os populares suxiren que os técnicos “estuden a posibilidade de executar unha escalinata que cruce en diagonal esta zona verde cunha plataforma de espera, tanto na parte superior como na inferior, para que os peóns podan cruzar de forma segura”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que esta actuación é unha vella reinvindicación dos veciños e zona comercial de Acea de Olga que “dende que o goberno do PSOE, en 2012, eliminou as escaleiras, que existían neste punto co compromiso de repoñer este paso, non volveron  saber nada máis”. De feito, puntualizou o vicevoceiro popular “cando se retiraron as vellas escaleiras se presentou unha petición avalada por 200 sinaturas reclamando unha alternativa a este paso suprimido”.

Dende o Grupo Popular instan a que o goberno local “a tomar unha decisión en firme e rápida” lembrándolles que nos acordos entre Partido Popular e Orozco (asinado en xuño de 2014) para investir os remanentes de 2012 e 2013 onde “se contemplaba executar unha actuación na zona para atravesar a mediana desta Avenida”. “Non teñen disculpas, é unha intervención sinxela que beneficiaría aos negocios deste barrio e tamén aos veciños que acceden a esta zona comercial e que agora teñen que dar un rodeo duns 200 metros”, puntualizou Ameijide.

O popular explicou que “o acondicionamento das escalinatas para salvar a pendente que hai neste tramo da Avenida de Magoi debería ir acompañado doutras actuacións” apuntando a necesidade de sinalizar senllos pasos de peóns tanto na parte superior como inferior deste novo acceso.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies