InfraestruturasObras

O PP reclama que se complete, dunha vez, o desdobramento de Duquesa de Lugo

By 17 Decembro, 2015Xaneiro 26th, 2016Sin comentarios

O voceiro do PP Jaime Castiñeira pide que non se “retrase máis esta actuación xa que as condicións que presentan, dalgúns dos tramos desta entrada á cidade, supoñen un perigo tanto para peóns coma para condutores”

O voceiro do Grupo Popular avanzou que no vindeiro pleno o seu Grupo defenderá unha iniciativa para que se acondicione un dos principais accesos á cidade  que comunica o polígono industrial do Ceao co casco urbano. “É necesario rematar o desdobramento de Duquesa de Lugo por dous motivos: para mellorar as actuais condicións desta vía, onde son frecuentes as colisións, e para mellorar a seguridade dos peóns”, puntualizou Castiñeria.

O popular indicou que para completar o desdobramento de Duquesa de Lugo hai que actuar en dous tramos “o comprendido entre a rotonda de Albeiros e Paulo Favio Máximo; e o que se sitúa no treito que une o centro comercial ata o final da avenida no polígono industrial”.

O voceiro popular conmina ao goberno local a deseñar  unha actuación global que abarque “tanto o inicio dos estudos, tramitacións e proxectos precisos para levar a cabo o desdobramento dos tramos que faltan como  contemplar a instalación do alumeado público ao longo do trazado da Avenida que carece de farolas”.

Jaime Castiñeira afirma que esta actuación debería incluirse nos orzamentos do vindeiro 2016 xa que “se trata dunha vella demanda e dunha necesidade real tanto polo tráfico que rexistra como polas prestacións que dá a esta zona industrial e comercial”. Castiñeira  considera que se queremos presumir dun Lugo do século XXI hai que esforzarse por sacar adiante proxectos como o do desdobramento desta Avenida xa que “os accesos ás cidades son a carta de presentación para os que nos visitan”. O popular indicou que é preciso evitar a imaxe de “obras inacabadas e dos parches aos que nos teñen acostumados os socialistas lucenses”. Castiñeira lembrou que lamentablemente esa é a tónica que herdou o novo goberno do seu antecesor lembrando as rúas que quedan a medio urbanizar e os tapóns urbanísticos que deixan sen solucionar como Ramos Misionés, Rof Codina …”

Os populares explicaron que esta intervención permitirá unha mellora na fluidez do tráfico e se gañará en seguridade aos peóns que utilizan esta vía para desprazarse tanto á zona comercial que hai nas inmediacións, como ás zonas de esparcemento  do entorno.

Foto: Óscar Cela (La Voz de Galicia)

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies