Obras

O GMPP reclama dignificar a rúa Outono mellorando a súa accesibilidade e imaxe

By 1 Marzo, 2017Sin comentarios

O Grupo Popular solicita que se estude a posibilidade de substituir as escaleiras de 5 chanzos  que hai  na Rúa Outono por unha rampa co obxeto de mellorar a mobilidade nesta vía que comunica a avenida de Fontiñas coa rúa Primavera

O Grupo Municipal do Partido Popular propón que se estude a posibilidade de substitúan as escaleiras que hai na rúa do Outono por unha rampa xa que “este paso resulta moi complicado para persoas con reducida mobilidade, para os carriños dos nenos e tamén para subir os carros da compra”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que mentres se adopta unha decisión en firme se coloque un pasamanos neste punto para que sexa máis cómodo e seguro. Os populares lembran que o arranxo do Carril do Outono é unha das intervencións que o PP pactou co PSOE no acordo para investir os remantentes de tesourería e que, a día de hoxe só é papel mollado.

O concelleiro do PP reclamou ao goberno local que preste unha maior atención a este tipo de problemáticas que son o día a día dos veciños. Nesa mesma liña, os populares reclaman que se sanee tanto o parterre  anexo ás escaleiras así como o muro de contención que hai uns metros máis arriba na confluencia entre a Rúa Outono e a Rúa Primavera “é necesario retirar a maleza para evitar que se converta, nun futuro, nun foco de infección e para previr a presenza de roedores”.

Para Ameijide cun aseo urbano en profundidade melloraríase a imaxe desta zona moi frecuentada polos veciños que utilizan a rúa do Outono como atallo para achegarse ao centro dende o barrio de Fontiñas”. Por último, a reparación das beirarrúas é outra das demandas dos veciños da contorna.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies