Obras

O PP pide o arranxo do Camiño das Regas da Fervedoira

By 30 Agosto, 2015Xaneiro 27th, 2016Sin comentarios

Os populares afirman que a vía, que presenta un estado intransible, ten bastante tránsito “non só dos  veciños  que acceden as súas vivendas senón tamén dos lucenses que a utilizan como atallo para achegarse dende a N-640 á Ronda Norte”

O Grupo Municipal do Partido Popular reclama o arranxo do Camiño das Regas da Fervedoira “esta vía presenta un estado lamentable e o pavimento está desfeito por completo en varios tramos”. A estrada que circunvala o barrio da Fervedoira, parte  da nacional 640 á altura do cruce de Castro Gil comunicando, no outro extremo, coa Ronda Norte.

Os populares afirman que os veciños que residen neste barrio levan anos solicitando que se repare o acceso xa que “algúns puntos son intransitables polas fochas que hai na calzada”. Dende o Grupo Popular afirman que é necesario solucionar o problema de forma inmediata porque “o mal estado do pavimento supón un perigo para os conductores que circulan pola pista xa que se ven obrigados a frear de forma brusca nos socavóns que a cubren de principio a fin”.

O Grupo Municipal indica que o concello podería perfectamente, cos medios propios dos que dispón, arranxar esta estrada e insiste en lembrar que “os veciños deste barrio pagan tamén como o resto dos lucenses os seus impostos”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies