EconomíaZona rural

“Lugo non se pode entender sen o sector primario e por iso hoxe o Grupo Popular participou na manifestación de Madrid en apoio ao rural”

By 20 Marzo, 2022Sin comentarios
Catro concelleiros do Grupo Popular sumáronse esta mañá á manifestación que tivo lugar en Madrid para defender o sector primario e para reivindicar ao goberno de Sánchez que adopte medidas para evitar que os gandeiros e agricultores sigan sufrindo as consecuencias da inacción do goberno da nación

Antonio Ameijide, Rafael Pérez, Óscar Poy e Mar Carballas viaxaron no autobús que saiu de Lugo de madrugada con medio cento de gandeiros e labregos das parroquias do concello.

Os edís do Partido Popular de Lugo pediron respecto para todos os manifestantes e que non se lles criminalice xa que “son os mesmos agricultores e gandeiros que estiveron na pandemia para que non nos faltase de nada nas nosas mesas e, por tanto, sen eles non hai futuro”.

As explotacións gandeiras e os agricultores das nosas 54 parroquias necesitan solucións “os nosos veciños e veciñas xa están cansados das escusas e de que se lles siga asfixiando”.

Responder

sixteen − six =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies