LUGO EN MARCHA COA XESTIÓN EFICAZ

  1. Sacaremos a licitación todos os servizos municipais que actualmente se prestan con contratos caducados, para evitar as consecuencias  económicas que supón para as arcas municipais.
  2. Crearemos un Rexistro Municipal de Empresas e implantaremos un sistema aberto de adquisición para contratos menores mediante unha aplicación web e móbil para abrir a participación en contratos do Concello a todo o empresariado lucense que o desexe.
  3. Poremos en marcha un Plan de Comunicación Interna no Concello de cara a mellorar o funcionamento deste, asi como o servizo á cidadanía.
  4. Elaboraremos de forma totalmente transparente unha nova Relación de Postos de Traballo coa participación do persoal e os seus representantes, atendendo exclusivamente a criterios de eficacia e eficiencia.
  5. Impulsaremos un Modelo de Xestión de Calidade Total, no que se establezan unha serie de límites temporais para a resolución de todos os procedemos administrativos, tanto os iniciados polos cidadáns como os do propio Concello, para deste xeito acadar a excelencia, a mellora permanente e a innovación continua.
  6. Actualizaremos de forma permanente o Inventario de Bens e Dereitos do Concello, de conformidade ao establecido na Lei, para axudar a tomar decisións no tocante a adquisicións, arrendamentos, reparacións e conservacións de inmobles.
  7. Elaboraremos un Plan de Aproveitamento de instalacións municipais que non teñan un uso definido, coa finalidade de poñelos en valor, e sacar un aproveitamento dos mesmos.
  8. Aprobaremos un Regulamento que fixe os criterios para a cesión ou utilización de uso de edificios e dependencias municipais, co obxecto de que a cidadanía  poida levar a cabo actividades diversas.
  9. Impulsaremos unha Tarxeta Cidadá dotada de maiores servizos.
  10. Aprobaremos e executaremos as Ofertas de Emprego Público, coafinalidade de manter a calidade  dos servizos municipais, cumprindo estritamente cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
  11. Potenciaremos a Administración Dixital para transformar o Concello nunha Administración Pública aberta, eficaz e integradora que proporcione servizos públicos dixitais a toda a cidadanía, e sirva para a redución da burocracia.
  12. Crearemos unha oficina de asesoramento e apoio as persoas propietarias de vivendas afectadas por ocupacións irregulares (OKUPAS) que teña por obxecto a recuperación das súas vivendas, e o acompañamento durante todo o proceso.
  13. Promoveremos unha contratación pública que teña en conta os criterios de innovación e responsabilidade social, prestando especial atención á promoción da integración e inclusión social de colectivos desfavorecidos, á protección do medio ambiente e ao uso eficiente dos recursos, sen esquecer a perspectiva de xénero.
  14. Potenciaremos a vixilancia da saúde laboral e a prevención de riscos laborais entre o persoal do Concello, cumprindo estritamente coa Lei de Prevención de Riscos Laborais, facendo do Comité de Seguridade e Saúde un órgano eficaz e de participación.
  15. Cumpriremos cos principios de estabilidade orzamentaria que son claves para impulsar o crecemento e o emprego.
  16. Elaboraremos un código de boas prácticas para regular os contidos da web do Concello para convertela nunha ferramenta cun enfoque institucional e de servizo público.
  17. Aprobaremos unha ordenanza sobre a transparencia e libre acceso á información pública que desenvolva a Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, que sirva para avanzar na configuración das obrigacións da publicidade activa, facilitando que a cidadanía poida acceder de forma directa á información recollida no Concello.
  18. Desenvolveremos solucións “Xeotecnolóxicas” baseadas no xeoposicionamento, realidade virtual e realidade aumentada, que permitirá acceder a información de interese sobre un establecemento, produto ou servizo, a través dunha aplicación instalada no teléfono móbil.
  19. Poremos en marcha un Sistema de Comunicación Telemática entre a cidadanía e a Policía Local para combater actos vandálicos e delituoso.
  20. Promoveremos novas políticas de racionalización do gasto e de mellora da xestión, con especial atención á redución da morosidade da Administración.
  21. Melloraremos a coordinación entre as Administracións Públicas para reducir os custos e eliminar duplicidades, simplificando os procedementos e eliminando as trabas burocráticas.

 

 

Voltar as propostas