Lugo en marcha coa seguridade e a convivencia

1. Póremos en marcha un novo modelo de policía local que estea máis preto da cidadanía e para iso traballaremos en sete direccións:

  • Cubrir de forma graduada as vacantes de policías e mandos estruturando un organigrama da policía do século XXI
  • Crearemos unidades especializadas:
  • Un grupo de control xudicial de tráfico: esta unidade  encargaríase de realizar informes criminolóxicos referidos a unhas causas determinadas, como poden ser altos graos de alcohol e drogas ou accidentes de tráfico graves con resultado de morte.
  • Unha unidade administrativa para o control do cumprimento das ordenanzas ditadas polo Concello 
  • Unidades especializadas de violencia de xénero, delitos informáticos, mediación en conflitos e policía xudicial
  • Implicarémonos na seguridade no rural con presenza da policía local en coordinación coa policía nacional
  • Intensificaremos a presenza dos axentes na rúa con servizos de patrullas tanto a pé como en moto
  • Renovaremos medios técnicos, equipos de comunicacións así como  o equipamento e os medios que precisen os axentes.
  • Habilitaremos un gabinete de formación interna permanente que facilite accións formativas para os/as axentes (non ten AGASP)
  • Descentralizaremos as oficinas da policía local para achegar o servizo a cidadanía:
  • Crearemos unha delegación da policía local na zona norte para responder ás novas realidades de Lugo.
  • Abriremos unha oficina administrativa no edificio do Seminario da ronda da murallaa modo de extensión da central de Sanfiz e, que serviría para solicitar autorizacións de vehículos no recinto histórico, recollida de obxectos perdidos  etc
  • Intensificaremos os protocolos de colaboración entre os distintos corpos e forzas de seguridade

2. Ampliar a  plantilla de bombeiros con efectivos suficientes para unha cidade de 100.000 habitantes poñendo á súa disposición efectivos para cumprir a proporción de 1 bombeiro/a por cada 1000 habitantes. Tamén melloraremos os sistemas de comunicación


3. Actualizaremos o Plan de Emerxencias Municipal que leva 11 anos sen revisar e, tal e como está, non serve para afrontar os riscos que poderían xurdir en Lugo porque está obsoleto e non corresponde á realidade.

4. Elaboraremos antes de finalizar o 2019 unha nova Ordenanza Convivencia para combater o vandalismo, a explotación sexual na rúa, pintadas, venta ilegal na rúa e comercialización de falsificacións, timos e extorsións na vía pública e a actividade dos gorrillas.

5. Crearemos unha oficina de asesoramiento para a cidadanía afectada por ocupacións ilegais de vivendas.

6. Implantaremos un sistema de videovixilancia no contorno dos monumentos máis emblemáticos así como en polígonos industriais para mellorar a seguridade e evitar actos vandálicos e roubos.

 

Voltar as propostas