Lugo en marcha co turismo, o camiño primitivo e a cultura

  1. Crearemos o padroado de culturapara ofertar unha programación estable, desestacionalizada e de nivel con actividades e actos todas as fins de semana.
  2. Elaboraremos e difundiremos unha axenda cultural en coordinación con outras administracións e entidades culturais do municipio para evitar contraprogramacións ou solapamento de actos.
  3. Designaremos ó/á Cronista Oficial de Lugo.
  4. Definiremos unha estratexia global para definir os usos dos edificios culturais (Auditorio Magoi, Vello Cárcere, Gustavo Freire, MIHL, biblioteca municipal Isidro Novo, a futura Biblioteca da Piringalla …).
  5. Provomoveremos un convenio coa Deputación Provincial   para que esta institución, estableza canles a nivel provincial para que os concellos de Lugo poidan utilizar o novo Auditorio e, a cambio desta concesión, colabore no mantemento do mesmo.
  6. Propoñemos un paquete de medidas para atraer persoas usuarias á biblioteca municipal de Frigsa como son: ampliar o horario así como a apertura os sábados á mañá; facer catas de novidades literarias e actos na rúa.
  7. Garantiremos a continuidade da Escola de Música mellorando as instalacións para dar cobertura á demanda actual e futura.
  8. Potenciar a banda municipal para recuperar o prestixio que tivo esta agrupación musical como referente galego.
  9. Apoiaremos ás agrupacións de teatro local. Abriremos colaboración coas compañías para programar ciclos e dar uso a espazos como o anfiteatro do campus e auditorio Gustavo Freire.
  10. Potenciaremos o San Froilán para que as festas do patrón recuperen o seu esplendor e volvan a ser referencia tanto a nivel galego como no nacional.
  11. Impulsaremos celebracións con gran tradición en Lugo como a Semana Santa e o Corpus Christi así como a exposición do Santísimo Sacramento na Catedral.
  12. Apostaremos pola innovación na programación do Arde Lucus para consolidar esta celebración.
  13. Recuperaremos a relación coas cidades coas que estamos irmandados (a cidade portuguesa de Viana do Castelo, a francesa de Dináne a China de Quinhuangdao).
  14. Apoiaremos o talento musical da mocidade, aos grupos locais emerxentes, así como ás diferentes agrupacións musicais (corais, cantareiras …) proporcionándolles medidas de promoción dos seus traballos (axudas para grabación, dar visibilidade aos seus traballos, cesión espazos en radios, incorporándoos á programación cultural e de festas)
  15. Elaboraremos un inventario de bens históricos, artísticos e culturais propiedade do Concello e recuperaremos e restauraremos a obra de artistas de renome, que son propiedade municipal, e sofren deterioro.
  16. Recuperaremos para a cidadanía lucense o Cuartel de San Fernando.
  17. Apostaremos por un turismo cultural, natural, histórico e gastronómico de calidade. Lugo está ben situado estratexicamente e temos que ser capaces de presentar unha cidade atractiva, impecable e ben sinalizada.
  18. Aproveitaremos os tres patrimonios da humanidade (Muralla, Catedral, Camiño Primitivo) como reclamo turístico para xerar emprego e dinamizar a actividade económica do municipio aproveitando a celebración do Xacobeo 2021.
  19. Proporemos o campus de Lugo como sede dun grao de ciencias culinarias e gastronómicas coa idea de potenciar o talento da mocidade ligado á gastronomía.
  20. Daremos visibilidade e promoción ao patrimonio naturaldo río Miño con actuacións como: a recuperación de instalacións en desuso como base para actividades turísticas e deportivas; conveniar coa Confederación Hidrográfica para a recuperación dos caneiros; creación praia fluvial e completar cinto verde.
  21. Lideraremos proxectos de arte na rúa,nos que contaremos coa participación da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón así como  cos diferentes profesionais do deseño e escolas de pintura para ofertar determinados elementos urbanos para plasmar a súa obra. (caixas de luz e de tráfico, murais artísticos en zonas degradadas ou medianeiras).
  22. Promoveremos un convenio con persoas propietarias de baixos comerciais baleiros para utilizalos como escaparates para promocionar a programación cultural ou turística da ciudade. Aos que se adhiran ao programa aplicaráselles descontos no IBI.
  23. Promoveremos un concurso de ideas para deseñar un elemento escultórico na Praza de Pío XII onde conflúen os tres patrimonios da humanidade que ten Lugo
  24. Impulsaremos un sistema de videovixilancia no entorno dos monumentos máis emblemáticos para evitar actos vandálicos.

 

Poremos en valor o Camiño Primitivo e reforzaremoso grao de coñecemento dos lucenses deste Patrimonio Mundial ao  seu paso polo municipio de Lugo. As medidas que propoñemos  enmárcanse en tres eixes:

1. Mellora da imaxe e seguridade

  • Humanizar zonas como as escaleiras de San Eufrasio con Fontiñas; a confluencia do Carril das Flores coa Ronda da Muralla ou os pasos soterrados da calzada da Ponte e Louzaneta.
  • Unificar criterios e elaborar un catálogo para as intervencións que se fagan no camiño para evitar os feísmos como a fonte-mausoleo de Bascuas.
  • Impulsar mediante subvenciones o arranxo de fachadas das vivendas situadas nos barrios de A Chanca-O Carmen-A Ponte.
  • Sinalizar paso de peón no cruce do Camiño Primitivo coaRonda do Carmen.

2. Promoción:

  • Instalar un elemento visualmente atractivo na Praza do Camiño (Fontiñas) para que as/os peregrinos difundan a idea de Lugo como punto de partida do Camiño.
  • Crear liñas de axuda para a creación de negocios relacionados co Camiño.
  • Difusión do Camiño Primitivo entre os máis pequenos co apoio dos CEIPs con accións como a creación dunha credencial infantil ou convocatoria de concursos.
  • Reforzar o vínculo da dimensión cultural-deportiva e musical do Camiño coa organización de actividades abertas ao público en xeral.
  • En colaboración coa hosteleiría de Lugo organizar un concurso de “E-tapas en el Camino”, a creación e promoción do menú do peregrino así como unha credencial de tapas polo Camiño que se poida integrar dentro do propio concurso de tapas do Concello.
  • Potenciar o Día do Camiño Primitivo xa que xunto coa Muralla e a Catedral son os nosos patrimonios da humanidade, celebrando actos onde participen asociacións, centros escolares e a cidadanía en xeral para dar a coñecer mellor a ruta xacobea.
  • Apoio na difusión de actividades vinculadas ao percorrido de tramos relativos ao Camiño Primitivo así como a outras rutas como a Vía XIX, Vía Kuning e a Vía Regia.

 3. Captación de peregrinos/as

  • Ofertar aos peregrinos e pregrinas que están en vilas próximas a Lugo como Sarria-Portomarín ou Palas de Rei unha proposta atractiva para que se despracen a Lugo nas súas horas de descanso.
  • En colaboración co concello de Oviedo deseñar unha credencial propia do Camino Primitivo, e facer un diploma tipo “Compostela” para o recordo das persoas que pasen pola nosa cidade.
  • Elaborar novos folletos e instalación de puntos informativos durante San Froilán e o Arde Lucus así como a promoción en webs especializadas.
  • Mellorar a sinalización do tramo urbano do camiño, colocación de paneis nas estacións de autobús e ferrocarril

 

 

 

Voltar as propostas