LUGO EN MARCHA CO BENESTAR E IGUALDADE

MAIORES:

Dende o Partido Popular queremos adaptar as políticas municipais dirixidas a persoas maiores á realidade social actual. Teremos en conta a idosincrasia da cidade eliminando os estereotipos anticuados que marcan, na actualidade, a oferta de actividades, recursos e servizos dirixidos a este sector da poboación.

  1. Elaboraremos un Plan Municipal de Maiores que promova o envellecemento activo ao tempo que traballe na atención de persoas maiores en situación de dependencia e a protección e seguridade daquelas que viven sóas, sen esquecer o apoio ás persoas coidadoras.
  2. Implantaremos un servizo de teleasistencia avanzada con dispositivos de monitorización a domicilio que sirva de apoio na autoxestión axudando a previr situacións de risco e favorecendo a permanencia das persoas maiores que viven sóas no seu contorno.
  3. Realizaremos un Plan de dinamización que dea resposta ás características específicas de persoas maiores promovendo a súa autonomía persoal e previndo a dependencia mediante o exercicio físico e o desenvolvemento cognitivo.
  4. Poremos en marcha un Programa de voluntariado que promova as relacións sociais e accións interxeracionais nas que os maoires tamén participen como parte activa, para o que crearemos a figura do MENTOR SENIOR.
  5. Incrementaremos e melloraremos os servizos de atención e protección de persoas maiores vixiando a sua calidade especialmente dos prestados mediante contrato de servizos externalizados (Axuda no Fogar, Centros de Día, Xantar no fogar…)
  6. Faremos gratuíto o transporte público para maiores de 65 anos. Así mesmo traballaremos para que tanto as paradas como os autobuses sexan accesibles ao 100%.
  7.  Compromiso de mellorar a climatización dos centros sociais de Lugo para garantir unha temperatura adecuada nas intalacións así como mellora da limpeza e reposición de mobiliario deteriorado.

DINAMIZACIÓN E INTEGRACIÓN 

  1. Reorganizaremos o funcionamento dos Servizos Socais axilizando a atención e reducindo trámites burocráticos para o acceso a servizos e recursos.
  2.  Asinaremos con Lugo un Pacto contra a pobreza no que traballaremos en colaboración con axentes sociais reforzando recursos e axudas no acceso á educación, ó emprego, á vivenda e outros elementos básicos para a prevención e  o apoio ante situacións de vulnerabilidade ou risco.
  3. Impulsaremos un Plan Municipal de Atención á Diversidade que contemple medidas para a eliminación de barreiras que impidan ou limiten a igualdade da cidadanía no acceso e gozo dos seus dereitos.
  4. Favoreceremos a mobilidade e accesibilidade contribuíndo á eliminación das barreiras que dificulten os desprazamentos pola cidade
  5. Traballaremos na Dinamización igualitaria dos Barrios garantindo  oferta equilibrada de servizos, recursos e actividades, así como uniformidade no seu funcionamento.
  6.  Reforzaremos o Tecido Asociativo incrementando a coordinación e cooperación interadministrativa e garantindo a axilidade e transparencia na convocatoria e tramitación de subvencións ós proxectos sociais.
  7.  Incrementaremos os recursos e servizos de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia prestando unha especial atención á calidade das prestacións e do seu funcionamento.
  8. Desenvolveremos un Plan de Mellora da empregabilidade dirixida a persoas en situación de vulnerabilidade social ou risco.
  9.  Desenvolveremosaccións de Sensibilización e Concienciación Cidadá promovendo un uso responsable dos recursos, o respecto ós espazos reservados a persoas con discapacidade e contribuíndo á eliminación da estigmatización social que leva á marxinación de persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade.
  10.  Realizaremos unha campaña de difusión permanente e actualizada informando das actividades, servizos e recursos municipais utilizando soportes de publicidade exterior.

IGUALDADE

  1. Traballaremos na coordinación de accións e recursos para a prevención da violencia de xénero así como para a atención e protección das vítimas.
  2. Faremos da Igualdade de Xénero un eixe vertebradordas políticas e accións a desenvolver a nivel municipal.
  3. Desenvolveremos un Programa de detección e identificación de signos da violencia de xénero dirixido á cidadanía e de forma especial á xuventude.
  4. Poremos en marcha o IV Plan de Igualdade con medidas de prevención, sensibilización e actuación adecuadas ás necesidades actuais da sociedade incidindo de forma especial na zona rural.
  5. Reforzaremos e equilibraremos os servizos para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal mellorando as condicións de acceso, igualando a oferta de actividades e horarios achegándoos áo rural.
  6. Traballaremos na coeducación e corresponsabilidade no eido educativo, familiar e laboral.
  7. Apoiaremos a entidades sociais no desenvolvemento de accións de promoción da igualdade, loita contra a violencia de xénero e a trata de persoas con fins de explotación sexual.

XUVENTUDE

  1. Con estas propostas pretendemos valorar a iniciativa xuvenil, promover a sua participación activa na sociedade e fomentar un uso responsable do ocio desenvolvendo e consolidando hábitos e comportamentos sociais e saudables.
  2. Poremos en marcha o Consello da Xuventude favorecendo o encontro e a interacción da mocidade, e dando valor ás súas propostas e iniciativas.
  3. Fomentaremos o asociacionismo xuvenil reforzando lazos de colaboración e solidariedade entre a mocidade así como potenciando e apoiando iniciativas xuvenís.
  4. Crearemos, Espazos seguros para o ocio da mocidade nos barrios destinados á súa dinamización con oferta de actividades en consonancia coas súas inquedanzas
  5.  Elaboraremos, en coordinación coas ANPAS, unha oferta planificada de actividades deportivas en espazos naturais e urbanos contribuíndo ao fomento do exercicio ó aire libre e apoio ao deporte minoritario.
  6.  Favoreceremos a práctica do street workout en zonas verdes da cidade e creando novas instalacións.
  7.  Desenvolveremos unha liña de axudas para a ampliación da formación e cultura da mocidade en situación de desemprego.
  8.  Levaremos a cabo políticas globais de prevención nas que exista unha labor coordinada e transversal dende diferentes Áreas saúde, educación, familia, urbanismo, servizos sociais.
  9. Desenvolveremos o II  Plan integral municipal Infancia e adolescencia.

 

Voltar as propostas