InfraestruturasTráfico

O GMPP ponse a disposición dos veciños de Albeiros para solventar os problemas do barrio

By 31 Xullo, 2017Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP, Antonio Ameijide, ofreceu aos veciños de Albeiros “todo o seu apoio para facer de intermediario cos responsables do Ministerio de Fomento e así solucionar os problemas que hai nun dos accesos á Ronda Norte”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, ofreceu aos veciños de Albeiros “toda a súa colaboración” para axudar a solucionar os problemas dos veciños deste barrio lucense, que tanto tempo levan demandando ao Concello que “faga algo para arranxar os baches dunha das pistas de acceso á Ronda Norte”. Antonio Ameijide reuniuse con veciños de Albeiros e ofreceuse a “facer de intermediario co Ministerio de Fomento para tentar arranxar esta situación o máis axiña posible”

O voceiro municipal popular lamentou que “a alcaldesa se esquece dos veciños de Albeiros xa que non fai, nin sequera, algo tan sinxelo como intermediar con outras administracións para tentar arranxar este acceso, tan necesario para os veciños de Albeiros. Ademais, a alcaldesa non cumple coas suas obrigas, porque outras zonas do barrio, onde sí ten competencias, están esquecidas e necesitan tamén ser arranxadas”.

Ameijide explicou que “despois de falar cos veciños do barrio, puxemos a súa disposición toda a axuda do Grupo Municipal do Partido Popular para arranxar no menor tempo posible a situación”.

O voceiro municipal do Partido Popular asegurou que “dende o Grupo Municipal do Partido Popular puxémonos en contacto cos responsables do Ministerio de Fomento para pedir axilidade na solución deste problema e, cando menos, buscar unha resposta rápida para os veciños”.

Ameijide informou aos veciños que “agora mesmo desde o Ministerio de Fomento procederase a dar unha solución temporal aos veciños de Albeiros e, posteriormente, a finais de agosto ou primeiros de setembro, realizarase un aglomerado en quente para solventar definitivamente as deficiencias deste acceso á Ronda Norte”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies