Medio Ambiente

O Gmpp denuncia que Lugo segue sen Praia fluvial despois de 18 anos porque “así o quere o goberno local”

By 11 Agosto, 2017Agosto 14th, 2017Sin comentarios

O voceiro municipal popular Antonio Ameijide lamentou que “este ano os lucenses tampouco poderán desfrutar da tan demandada zona pública de baño por mor da lentitude e inacción do goberno socialista de Lugo que pedíu autorización para a praia fluvial o 3 de abril deste ano”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, acompañado de varios concelleiros populares, asegurou esta mañá en rolda de prensa que “despois de 18 anos, Lugo segue sen ter Praia fluvial porque o goberno local así o quere”. Así o dixo o voceiro popular na zona que elixiu o goberno socialista para situar a zona pública de baño que outro ano tampouco poderán desfrutar os lucenses.

Ameijide explicou que “xa nos atopamos a mediados do verán e como podedes ver aquí non hai ningún tipo de actuación para que os lucenses poidan desfrutar da tan demandada praia fluvial”. Ademais, o voceiro popular denuncia “as mentiras do goberno” no que se refire aos prazos. “O concelleiro con competencias nesta materia asegurou que realizaron a pretición no mes de marzo e iso é unha absoluta mentira”. Ante esta situación, o voceiro popular explicou aos xornalistas que dende o Concello se puxeron en contacto coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil o 3 de abril deste ano para pedir autorización para a creación da zona de baño. Segundo esta solicitude, a instalación temporal abranguería o período do 15 de xuño ao 15 de setembro deste ano. Dende a Confederación explicaron ao Concello que para a xestión hai que facer o trámite de competencia de peticións e tramitar o expediente de autorización das autorizacións admitidas no trámite de competencia de peticións, que é o que marca o artigo 53 do reglamento correspondente, unha circunstancia que deberían coñecer dende o goberno municipal.

Tras isto, o 12 de abril, a Confederación remite unha comunicación ao Concello indicándolles que a autorización estaría condicionada á declaración da zona de baño pola autoridade sanitaria da administración autonómica. Posteriormente, o 2 de maio, remítese un oficio ao Concello no que se indica a necesidade de satisfacer a taxa por publicación no BOP da provincia para o trámite administrativo de competencia de peticións. O Concello tardou un mes en realizar o pago. O 1 de xuño o Concello presenta acreditación do pagamento das taxas para a publicación no BOP e o 12 de xuño publícase o anuncio de competencia de peticións no BOP de Lugo.

Semanas despois, o 21 de xullo, rematado o prazo para a presentación de peticións, levántase acta para facer constar o resultado de procedemento, non habendo máis peticións que a do Concello. Polo tanto, admitida a solicitude única do Concello, a partir dese momento comézase a tramitación da  autorización da praia fluvial do Concello, para o que se precisa realizar a información pública e solicitar informe ambiental á Xunta de Galicia. O 27 de xullo, hai unha nova remisión ao Concello da taxa para a inserción no BOP do anuncio de información pública do proxecto do Concello. Coa mesma data, solicítase informe sobre o proxecto á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

E chegamos ao 1 de agosto, data na que o Concello de Lugo acusa recibo da taxa para a inserción no BOP do anuncio de información pública, pero, ata o momento, o Concello non acreditou o pago da taxa.

Despois de explicar a sucesión de acontecementos e datas, Ameijide asegurou non entender “se atrevan a meter présa á Confederación, cando son eles mesmos os que non a teñen, vista a demora no pago das taxas, xa que corre o tempo, pasa o verán, e un ano máis os lucenses quedarán sen zona pública de baño”.

O voceiro popular preguntou ao goberno socialista “se teñen proxectada a instalación de aseos públicos na zona, duchas, unha fonte pública, unha zona para que os lucenses poidan tomar tranquilamente o sol sen molestar ás persoas que veñen aquí a pasear ou facer deporte ou se haberá servizo de socorristas”. Ademais, Ameijide destacou que “un dos aspectos máis importantes é como chegan os lucenses ata aquí, xa que o aparcadoiro máis cercano e amplio, o do Pazo dos Deportes está a 968 metros, mentres que o hai baixo a ponte branca está a 1.105 metros. Ademais cómpre recordar que non hai accesos para persoas con discapacidade”.

Ameijide tamén quere saber “por que o equipo de goberno só solicita permiso para tres meses, xa que poderían pedir permiso para un tempo maior e non limitar tanto o uso desta zona”.

Responder

8 + seventeen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies