Lugo en marcha

Ramón Carballo anuncia la creación de una brigada de mantenimiento para que las instalaciones deportivas estén siempre en perfecto estado

By 19 mayo, 2019mayo 23rd, 2019No Comments

El candidato a la alcaldía de Lugo explicó que es fundamental tener en buen estado las instalaciones deportivas para lo cual prevé realizar en cuanto llegue a la alcaldía un reconocimiento de las condiciones de seguridad, accesibilidad y mantenimiento de las instalaciones deportivas municipales para planificar de forma progresiva las mejoras de las deficiencias existentes

Ramón Carballo quere que todas as instalación deportivas municipais sempre se atopen en bo estado para que os lucenses poidan facer uso das mesmas e evitar situacións que se repetiron nos últimos anos, nas que os lucenses tiveron que dar a volta ao non poder empregar diversas dotacións municipais debido ao mal estado ou os desperfectos que presentaban.

Por iso, o alcaldable popular creará unha brigada de mantemento para solucionar no menor tempo posible as incidencias e desperfectos que se poidan producir nas instalacións deportivas municipais. “Ademais realizaremos un recoñecemento exhaustivo das condicións de seguridade, accesibilidade e mantemento de todas as instalacións deportivas municipais e planificaremos de forma progresiva as obras para mellorar as deficiencias existentes”, afirmou.

Ademais, debido á gran demanda de actividades deportivas que hai en Lugo, Ramón Carballo explica que “é preciso dar resposta a esa gran demanda que temos a sorte de ter en Lugo”. Para iso, o candidato popular proxecta a creación dun novo pavillón polideportivo multidisciplinar, abrir e poñer en funcionamiento o antigo pavillón da OJE, dotar a Lugo dunha nova piscina municipal climatizada, a construción dunha nova instalación deportiva para a práctica do rugby ou un campo de fútbol para o deporte base.

Pero estas non son as únicas medidas en materia deportiva que contempla o candidato popular. Son iniciativas que se complementarán con outras como a ampliación e unificación dos horarios das piscinas municipais das Pedreiras e Frigsa (que abrirán de 07:00 a 23.00 horas) ou o a realización dun estudo para o aproveitamento dos 300.000 litros mensuais da auga dos vasos de ambas piscinas municipais para o baldeo ou outros usos.

Unha das principais demandas que realizaron os lucenses ao candidato do Partido Popular foi a cuberta dunha pista de tenis, xa que na actualidade só hai unha. Medida que Ramón Carballo incorporou ao seu programa coa cuberta dunha das tres pistas de tenis do Palomar.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies