ProposicionesZona Rural

Apoyo unánime de la corporación a la elaboración de un inventario de caminos rurales y una ordenanza que regule su uso

By 26 octubre, 2017No Comments

Los populares muestran su alegría por el apoyo unánime logrado para la elaboración de un inventario de caminos rurales y una ordenanza que regule su uso ante el incremento de la actividad forestal en el Concello de Lugo.No Concello de Lugo hai un total de 54 parroquias que contan con numerosos camiños que comunican pequenos núcleos ou fincas e que serven para fins agrogandeiros e forestais, ofrecendo ao mesmo tempo un interese turístico e histórico.

A elaboración dun inventario que recolla estes camiños proporcionaría unha seguridade xurídica tanto o propio Concello como aos veciños porque deste xeito clarificaría a titularidade dos mesmos, identificando os que son públicos e tamén serviría para evitar a súa desaparición.

Na actualidade a rede de camiños do Concello de Lugo presenta un estado de abandono importante xa que en moitos casos levan anos sen desbrozarse e noutros non se poden percorrer por obstáculos ou usurpacións de fincas colidantes, polo que é preciso proceder ao seu inventariado.

Por outra banda, a redacción dunha ordenanza municipal para a protección da rede de camiños do rural sería moi positiva sobre todo se temos en conta o incremento da actividade forestal, desta forma o Concello de Lugo se sumaría a outros Concello da provincia que contan cunha ordenanza que recolla entre outros aspectos as obrigas dos madeireiros así como o depósito dunha fianza en función do tipo de vía que se utilice, as toneladas de madeira que se transporten, época do ano, lonxitude da pista e maquinaria empregada e outras que se estimen convenientes.

 

Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

 

  1. Elaborar un inventario completo de pistas e camiños de titularidade municipal na zona rural.
  2. Elaborar unha ordenanza municipal que regule o uso de camiños e vías municipais en relación coas operacións forestais e similares.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies