Zona Rural

El PP alcanza la unanimidad del pleno para realizar la circunvalación de O Burgo, que mejorará la seguridad en el Camino Primitivo

By 24 junio, 2021No Comments

Los populares agradecen la unanimidad del pleno para realizar la circunvalación de O Burgo y esperan que el Ayuntamiento de Lugo inste en el menor plazo a la Diputación a acometer esta obra.

No ano 2016 o pleno do Concello de Lugo acordaba por unanimidade instar á Deputación Provincial a execución do proxecto de ensanche e mellora da CP2901 dende o punto quilométrico 3,3 ata o 5,4.

A estrada de titularidade provincial, que vai dende a LU-232 a Palas de Rei e que transcorre por O Burgo e Vilamaior de Negral, conta cun proxecto elaborado pola Deputación Provincial consistente en ensanchar e mellorar a variante de O Burgo.

Este proxecto iniciouse en abril de 2006 en base a acordos de aprobación do Plan de Obras e Servizos e Plan provincial de Estradas do 2005, nos que figuraba esta obra, acadando a súa aprobación definitiva no ano 2013.

Hai que ter presente que esta obra sacaría tráfico rodado da travesía de O Burgo onde coinciden o Camiño Primitivo e a estrada provincial, e que obriga a convivir a peregrinos con vehículos, maquinaria agrícola e gando, o que xenera múltiples situacións de inseguridade viaria e supón un risco para os usuarios da vía.

Trátase dunha vía cunha alta densidade de tráfico, que comunica Lugo con Friol e Guntín. Se a esto se lle suma que se trata dun tramo do Camiño Primitivo e que estamos ante un ano Xacobeo, que incrementará significativamente o número de peregrinos, fai que esta vía, estreita e de dobre dirección, sexa un embudo que precise de medidas de seguridade. É preciso dotar a esta vía de un paso seguro para os camiñantes e da reducción das cunetas, que coa nova capa de asfalto viron incrementada a súa profundidade, dificultando o seu uso para que os peregrinos se podan apartar á beira.

 

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

PRIMEIRO.- Que se inste á Deputación Provincial a levar a cabo a construcción da variante  da estrada CP2901 como alternativa ao paso de O Burgo para mellorar a seguridade do Camiño Primitivo.

SEGUNDO.- A raíz das queixas dos veciños das parroquias polas que transcorre a LU2901, ínstase á Deputación Procincial a realizar de xeito urxente o mantenemento e repavimentación do tramo de 7 quilómetros que une nesta estrada  O Burgo co cruce de San Román da Retorta.”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies