PoliciaProposicionesSeguridad

El PP lamenta que la corporación evite apoyar la lucha contra la ocupación ilegal de viviendas

By 28 febrero, 2019No Comments

El Grupo Municipal del Partido Popular lamentó que todos los grupos de la corporación, excepto lo Partido Popular, votaran en contra de apoyar la propuesta de Ley Orgánica que el PP presentó en el Congreso de los Diputados para combatir la ocupación ilegal de viviendas, garantizar el derecho de propiedad, la seguridad de las personas y bienes y la convivencia.

O Partido Popular anunciou a presentación no Congreso dos Deputados dunha Proposición de Lei Orgánica destinada a combater a ocupación ilegal de vivendas que garanta o dereito de propiedade, a seguridade de persoas e bens e a convivencia social. No seu articulado establécese, entre outras medidas, que a Policía (a autoridade pública e os seus axentes) poderá desaloxar a vivenda ocupada ilegalmente nun prazo express de 24 horas, sen necesidade de esperar varios meses como ata agora e reforza o delito de usurpación pasando dunha multa a pena de privación de liberdade dun a tres anos.

Fronte á pasividade e mesmo permisividade dalgúns Concellos como o de Lugo, esta Proposición de Lei, de aprobarse, evitaría situacións como as vividas en barrios como o da Milagrosa, Feijoo ou As Gándaras, ou que se produzan feitos tan lamentables como o ocorrido o pasado 5 de xaneiro en Badalona, onde morreron tres veciños dun inmoble a consecuencia dunha sobrecarga eléctrica provocada polo “pinchazo” ilegal dos okupas que vivían ademais de forma ilegal nun edificio do barrio de San Roc, ou o recente incendio que tivo lugar no noso municipio, concretamente na rúa Río Neira.

Este concello, lonxe de promover unha política efectiva de vivenda dedicáronse a “consentir” unha usurpación da propiedade que non é xustificable en ningún caso, pois se trata dunha ilegalidade en contra do dereito constitucionalmente recoñecido, a propiedade.

Cando hai unha ocupación ilegal, hai un acto contrario a dereito. Non pode ser que estas políticas de cambio se baséen en considerar a ocupación ilegal como unha situación tolerable ou admisible, como non o é calquera outra ilegalidade.

Combater o alarmante e crecente problema da ocupación de vivendas, loitar contra as mafias e a delincuencia asociada á mesma e garantir así, a propiedade privada, a convivencia e a seguridade son os motivos principais que impulsan esta iniciativa normativa no Congreso dos Deputados.

Aínda que na última década se acurtaron substancialmente os prazos xudiciais para o desaloxo de vivendas, o problema da ocupación xera alarma na sociedade española e o número de vivendas ocupadas non deixa de aumentar. Ademais, o fenómeno xerou a instauración de mafias da ocupación e a utilización de moitos destes inmobles para actividades delituosas.

A Proposición de Lei define por primeira vez de forma clara a ocupación ilegal e impide que os okupas se intenten amparar en resquicios legais o en dereitos que asisten á cidadanía que actúa legalmente. Para elo permítese que as autoridades públicas e os seus axentes interveñen dentro do espazo ocupado para proceder ao seu desaloxo. A autoridade pública podrá desaloxar as vivendas ocupadas ilegalmente nun prazo de 24 horas.

Así mesmo, a nova lei reforzará as penas asociadas aos delitos de usurpación, que pasarían de multa a privación de liberdade dun a tres anos e contempla de maneira específica a figura das mafias de okupación.

Así tamén, axiliza o proceso penal para xulgar este tipo de delincuencia e para iso modifica a Lei de Axuciamento Criminal e a Lei do Xurado.

De igual maneira, amplía a reforma dos procesos civís, aprobada en xuño de 2018, para que as persoas xurídicas propietarias de vivendas ou posuidores lexítimos poidan exercer o seu dereito coa mesma axilidade que as persoas físicas á hora de recuperar a posesión das súas casas.

A nova normativa, de aprobarse, facultará tamén ás comunidades de propietarios, cando os ocupantes ilegais realicen actividades prohibidas ou molestas ou incívicas, para garantir a correcta convivencia veciñal. Ademais, considera nula a inscrición no padrón municipal cando a persoa inscrita sexa un okupa ilegal, modificando para iso a Lei de Bases de Réxime local.

Esta Proposición de Lei non regula os desafiuzamentos hipotecarios nin arrendaticios nin ten como obxectivo regular os coñecidos “precarios” e deixa claro que esta normativa nada ten que ver coa que se aprobou en protección das persoas en situacións de emerxencia social ou especial vulnerabilidade habitacional cuxa protección se atopa definida en numerosas normas aprobadas polo Partido Popular.

Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

PRIMEIRO. Dar o seu firme apoio á Proposición de Lei Orgánica contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas e cousas nas comunidades de propietarios, rexistrada no Congreso dos Deputados o 31 de xaneiro.

SEGUNDO. Reclamar das forzas políticas con representación parlamentaria que dean a súa aprobación a esta iniciativa normativa antiokupa, pioneira en España, por ser de interese xeral e necesaria para corrixir un grave problema social e de convivencia xerado por mor destas actividades ilegais contrarias ao dereito á propiedade e á seguridade das persoas e as cousas.

TERCEIRO. Dar traslado destes acordos á Ministra de Xustiza, á Vicepresidenta do Goberno e aos Portavoces Parlamentarios dos Grupos con representación no Congreso e no Senado. Así como ao Presidente da Federación Española de Municipios e Provincias.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies