ProposicionesServizos xerais

El PP lamenta que PSOE y BNG permitan que se siga cobrando a los lucenses por llamar al 010

By 24 septiembre, 2020No Comments

Los concejales del Grupo Municipal del Partido Popular lamentan la postura tomada por el PSOE y por el BNG que, lejos de mirar por los vecinos de la ciudad, optaron por votar en contra de que el teléfono de información municipal 010 pasara a ser gratuito para cualquier persona que llame la este teléfono.

Cada día son máis as consultas que os cidadáns fan ao concello por vía telefónica, situación que se viu agravada pola situación derivada do COVID. Por un lado, medran as consultas sobre os diferentes servizos municipais e, por outro, as limitacións de acceso en persoa aos diferentes servizos. Todo isto fai que os cidadáns teñan que acudir máis a atención telefónica.

Neste momento o incremento de usuarios que chaman ao número de información municipal 010 provoca tempos de espera máis longos, o que conleva un custo moi elevado para os usuarios,  dado que o servizo estaba dimensionado para un volumen de chamadas que medrou de xeito case excepcional nos últimos tempos. Isto provoca que os cidadáns da nosa cidade se vexan en situacións de desigualdade. Esta desigualdade ven motivada porque os cidadáns que acuden ao Concello a informarse de calquera cuestión son atendidos e informados de xeito gratuito. Pola contra si esa mesma solicitude de información se realiza telefónicamente, terá un coste importante para os cidadáns, o que provoca unha desigualdade no trato que carece de motivación. Este custo que asume o cidadán, dada a situación na que nos atopamos, debería ser asumida na súa totalidade polo concello de Lugo, si o equipo de goberno pretende unha Administración cercana ao cidadán, cada vez máis moderna e accesible en igualdade de condicións para todos.

Por desgraza, nestes momentos, esa situación “idílica” dista moito da realidade. Unha realidade que manifesta de xeito severo que as persoas máis desfavorecidas son as máis perxudicadas por unha administración que se congratula de traballar en prol da igualdade e da accesibilidade aos cidadáns pero que na realidade ten moito que mellorar. Temos que ter en conta que na maior parte das ocasións, son aquelas persoas máis desfavorecidas, como poden ser as persoas mayores ou as que teñen problemas de mobilidade, as que fan un uso máis intensivo, en moitos casos porque non teñen outra alternativa,  deste xeito de comunicación co concello. Ainda que hoxe en día cos novos protocolos Covid, todo cidadán ten que acudir a este tipo de teléfonos.

Bo exemplo do anterior son as múltiples chamadas que se efectuaron polos interesados no Plan Reanima que, ademáis de estar pasando unha situación delicada dende o punto de vista económico, víronse obrigados a aboar as chamadas nas que solicitaban información sobre as axudas, e das que temos constancia de que nalgún caso cegaron aos 20€ debido á espera.

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións para a Sociedade da Información (actual Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital), atribuiu o 010 ao servizo de información telefónica das Administracións Locais mediante Resolución de 31 de xullo de 2013.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que suscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Que o equipo de goberno leve a cabo todos os trámites necesarios para acceder á gratuidade do servizo de atención telefónica 010 para todos os cidadáns da nosa cidade á mayor brevidade posible.
  2. Reforzo e redimensionamento do servizo 010 para dar unha mellor atención ao cidadán e evitar esperas ou desatencións

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies