transparencia

El PP teme que Lara Méndez repita la doctrina Orozco “de un buen alcalde es el que tiene dos imputaciones por año”

By 23 octubre, 2017No Comments

El portavoz del PP Antonio Ameijide lamenta que “por la mala praxis de Lara Méndez Lugo sea un ejemplo de falta de transparencia” que derive “en una judicialización de la actividad municipal” con actuaciones cuestionables en materia de personal como el incumplimento de la sentencia que anulaba el nombramiento de la asesora jurídica

Os populares lamentan que  “o novo equipo de goberno socialista siga a mesma doctrina que marcou o seu predecesor, o alcalde Xosé Clemente López Orozco, e que “as súas decisións continuen xudicializado a vida municipal danando a imaxe institución do Concello de Lugo”.

Os populares que, ante todo, respetan a presunción de inocencia e que agardan as explicacións, en sede xudicial, da alcaldesa manifestaron “a súa preocupación pola situación na que se atopa de novo o Concello de Lugo por mor dunha mala praxis pola que se imputa á alcaldesa”.

Ameijide afirmou que “se repite o esquema de Orozco que pregonaba que “para ser un bo alcalde tiña que ter dúas imputacións por ano” matizando que “a este ritmo vai camiño de estar á altura dun dos seus mentores”. “Triste mérito o dos socialistas de Lugo, e triste herdanza que deixan aos lucenses”, concluiu o voceiro do Grupo Popular quen lembrou os anos nos que “Orozco coleccionou imputacións ou as cuestionadas actuacións, durante nove anos, do que foi a súa man dereita, o señor Liñares”.

Antonio Ameijide quere saber se Lara Méndez, de manterse esta imputación, se aplicará a mesma vara de medir “que lle serviu para desfacerse de Orozco e asumir ela a alcaldía” e, tamén, pregúntase “se os edís de Lugonovo e BNG manterán a coherencia ou seguirán sendo cómplices da alcaldesa”. Os populares lembran que foron os votos de Lugonovo e BNG os que respaldaron a investidura da alcaldesa e que en consecuencia “son corresponsables de calquera decisión que Lara Méndez adopte nestes dous anos de mandato”.  Ameijide subliñou como estes grupos políticos “foron os que vetaron, en aras á transparencia, ao anterior alcalde polas súas imputacións” mentres que “arestora son complices do que sucede no Concello de Lugo”.

Ameijide destacou que “a Directora Xeral de Recursos Humanos, que curiosamente ocupa na actualidade a antiga asesora xurídica, ten ese cargo porque cando se aprobou no pleno de xuño de 2016 a creación deste posto de traballo os 3 edis de Lugonovo votaron a favor”.

Dende o Grupo Popular Concello afirman que o Concello de Lugo “debería ser un exemplo de transparencia e non tería que estar ao marxe das resolucións xudiciais” lembrando que “incumpriu a sentenza que lle daba a razón ao CSIF no tocante a este posto de traballo”. “En vez de acatar o que lle dixo o xuiz, en tempo e forma, nombra a asesora como Directora Xeral de Recursos Humanos creando un cargo político novo”, explicou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies