Personaltransparencia

El PP propóne diseñar un plan de comunicación interno para mejorar el funcionamento del Concello

By 22 abril, 2018abril 23rd, 2018No Comments

El portavoz del Grupo Popular Antonio Ameijide asegura que el desgobierno de Lara Méndez desprestigia, cada día más, a la administración local y deteriora la imagen de sus trabajadores por lo que pide que se implante esta herramienta para cambiar esta idea preconcebida

O Partido Popular propón deseñar un Plan de Comunicación Interno para mellorar o funcionamento do Concello. O voceiro popular Antonio Ameijide asegura que “o caos que se vive en Lugo, a conta da falta de dirección política de  Lara Méndez, desprestixia cada día máis á administración local deteriorando a imaxe dos seus traballadores e da propia institución”. “Por este motivo cremos que é necesario se implante esta ferramenta para que o Concello recupere o seu prestixio de cara á cidadanía ”.

Os populares explican que a distribución dos 700 traballadores municipais nos 133 centros de traballo non favorece a comunicación entre os empregados e a propia dirección do Concello matizando que “este marco propicia a dificultade primeiro, de identificar as persoas dos diferentes departamentos e, segundo, provoca situacións de desinformación que derivan en desmotivación e falta de implicación dos traballadores”.

O voceiro popular afirma que “o deseño deste plan de comunicación traducirase na mellora da eficiencia da organización xa que grazas á correcta transmisión de información o equipo humano sentirase máis integrado aumentando a motivación e o compromiso”. Antonio Ameijide indicou que con este modelo de traballo, no que a información circula de xeito bidireccional, se conseguirá mellorar a rendibilidade e acadar obxectivos concretos en situacións de cambio ou conflictivas.

O Plan de Comunicación Interna que propón o PP podería dividirse en tres bloques fundamentais de actuación: a creación dunha nova identidade corporativa, escoita activa dos traballadores, e a ampliación e mellora das canles de comunicación, todo elo coa finalidade de incrementar o sentimento de pertenza á organización.

O popular puxo un exemplo de déficit de comunicación interna como é o caso da Intranet que no Concello de Lugo é moi básico indicando que funciona para comunicar notificaciones sen ofrecer nada máis. Ameijide explica que se podería utilizar para “comunicar información sobre formación, fomentar a participación, traslado de queixas ou suxestións para mellorar o sistema…”.

O popular tamén explicou que a curto prazo habería que establecer un Plan de acollida para que os novos empregados que se incorporen ao cadro de persoal se familiaricen coa imaxe, os valores, misión e obxectivos da entidade.

Responder

3 × tres =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies