Personal

El PP enmienda la reprobación de la alcaldesa proponiendo una moción de censura para cambiar el gobierno de Lugo

By 28 julio, 2017No Comments

Antonio Ameijide pidió valentía a los grupos que apoyaron, hace dos años, la investidura de Lara Méndez afirmando que “hay que dejarse de gestos de cara a la galería y pasar a la acción” matizando que “la reprobación que se presentó hoy en el pleno solo valió para dar publicamente un tirón de orejas al gobierno”

O voceiro do Grupo Popular aproveitou o debate da iniciativa de EU na que reprobaba á alcaldesa de Lugo para incorporar in vocce unha enmenda de engádega na que invitaba aos grupos da oposición a iniciar negociacións para presentar unha moción de censura. Antonio Ameijide pediu “valentía” aos partidos que colocaron e votaron a investidura da alcaldesa a dar un golpe de timón “se queren cambiar a forma de gobernar hai que cambiar aos gobernantes”, matizou.

O popular explicou que a reprobación é un queda ben diante dos seus e diante da opinión pública, trátase dunha manobra para tapar as vergoñas de quen, hai dous anos, aprobou un pacto de perdedores sen condicións, un cheque en branco para nomear unha alcaldesa que nin se presentou ao cargo, nin quería selo e que nos levou ao despropósito que hoxe en día estamos vivindo”.

“Nós queremos dar un paso máis. Se están tan cansos e tan fartos; se cren que é o momento de cambiar algo neste Concello hai só unha maneira de que o cambio sexa unha realidade” dese xeito o popular brindáballes a oportunidade de negociar unha moción de censura.

Antonio Ameijide lamentou que, finalmente, rexeitasen esta proposta do Grupo Popular cando o lóxico sería ter aceptado o envite xa que “esta fórmula é a única reprobación real que pode ter algunha repercusión”. O seu posicionamento dános a razón e os sinala como “cómplices do PSOE nun goberno paralizado”.

Proposiciones populares

No pleno que se celebrou hoxe o Grupo Popular conseguiu coa sacar adiante dúas iniciativas. A primeira recibiu relativa á adhesión á Rede Galega de entidades locais contra a violencia de xénero contou co apoio unánime da corporación; no segundo caso o PSOE votaba en contra de desenvolver o Plan de dinamización proposto polos populares, malia a negativa dos socialistas a iniciativa saía adiante.

Outra achega que fixo o Partido Popular, e que conseguiu o respaldo da corporación, foi a relativa a iniciar os trámites e xestións oportunas para dotar destes servizos ás parroquias do rural buscando a colaboración coa Xunta de Galicia para realizar esta intervención. Tamén se solicitou que se iniciase o estudo de viabilidade da creación dun servizo de baleirado e limpeza de fosas sépticas no rural mentres non se impranta o saneamento definitivo nas parroquias de Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies