Zona Rural

El PP dice que ya hay 68 solicitudes de licencias para la zona rural atascadas en el Concello

By 19 marzo, 2018No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López denuncia que entre enero y febrero solo se resolvieron 11 licencias, un ritmo muy lento para el volumen de peticiones de licencias presentado y que condena a que a final de año solo se resuelvan 66 peticiones, lo que producirá que se acumulen nuevas peticiones y los retrasos en la resolución sigan aumentando

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, asegura que nestes intres hai xa no Concello de Lugo 68 solicitudes de licenza de obras e proxectos para a zona rural atascadas, á espera de que se resolvan.

Manuel López explica que en só dous meses xa se acumulan no Concello de Lugo tantas solicitudes de licenza de obra para a zona rural como as que se resolveron en todo o ano 2017 (cando se resolveron 70, sendo a maior parte delas correspondentes aos anos 2011 e 2012), unha situación que unicamente repercutirá “na total paralización do desenvolvemento da zona rural”.

O popular asegura que entre os meses de xaneiro e febreiro “tan só se resolveron 11 peticións de licenza”, un ritmo moi lento para o volume total de peticións de licenzas presentado no Concello de Lugo. Neste senso, López asegura que de seguir este ritmo, “a final de ano só se resolverán unhas 66 peticións”, o que se traducirá en que se sigan a acumular as peticións de licenza e en que aumenten os retrasos na resolución das mesmas, xa que “se o Concello sigue un orden cronolóxico de entrada de solicitudes para resolver as peticións, todas as peticións que se realicen este ano quedarán pendentes para o ano 2019 ou o 2020”.

O concelleiro popular asegura que a parálise do goberno local está a afectar dun xeito “moi grave” á zona rural xa que están a “frear” o desenvolvemento e o asentamento de poboación do rural. “Están a crear un grave dano ás parroquias do rural. Economicamente impiden que moita xente desenvolva a súa actividade, incluso que perdan subvencións, ademais de minorar o asentamento de poboación no rural”, afirmou o popular.

Manuel López tamén explicou que os socialistas evitaron respostar á pregunta presentada polos populares relativa ao tempo medio de espera na concesión dunha licenza na zona rural. Segundo os socialistas “é imposible” computar un prazo medio de espera, malia que os populares constataron que os veciños de Lugo teñen que agardar ata dous anos para a concesión dunha licenza no rural.

O popular recorda que en función do tipo de trámite solicitado a media de demora de resolución dos expedientes, durante o ano 2017, variaba xa que para “facer obra nova, reformas e legalizacións no rural a espera media é de 651 días; para acadar licenzas de construcións agrarias o retraso é de 606 días, mentres que, os veciños que piden licenzas para segregacións ou agregacións parcelarias a demora suma 517 días”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies