Seguridad

El PP dice que la falta de un repetidor impide el correcto funcionamento del nuevo sistema de comunicaciones de la Policía Local

By 7 diciembre, 2017No Comments

El viceportavoz del Grupo Municipal del PP Enrique Rozas explicó que uno de los tres repetidores que tienen que dar servicio a este sistema no está instalado ya que en el punto en el que tendría que situarse no hay conexión de energía eléctrica, después de que el equipo de gobierno decidiera cortar el suministro en ese lugar hace pocos meses

 

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, denunciou a que o novo sistema de transmisións GPS da Policía Local non funciona a pleno rendemento, polo que deixa zonas da cidade sen unha cobertura axeitada de acordo có novo sistema adquirido hai unhas semanas.

O vicevoceiro popular explicou que na cidade tería que haber tres repetidores que deran cobertura ao novo sistema de transmisións GPS, pero un destes repetidores non funciona xa que non está instalado non punto indicado, xa que nesa localización non hai subministración de enerxía eléctrica, despois de que o goberno local decidira cortar o subministro hai poucos meses. Esta situación chega por mor da falta de “previsión e coordinación” do goberno local, segundo asegurou Enrique Rozas, que non entende como o equipo de goberno ten previsto adquirir o novo sistema de transmisións GPS e, ao mesmo tempo, retira a enerxía eléctrica dun dos puntos nos que habería que instalar un dos tres repetidores que teñen que dar cobertura a este sistema.

O popular asegura que ante esta situación, o GPS deixa zonas da cidade cunha cobertura deficiente. Por iso, Enrique Rozas pide aos socialistas que “solucionen inmediatamente” esta situación e que acometan no menor tempo posible a subministración de enerxía eléctrica no punto no que se ten que instalar o repetidor, para dar “unha cobertura total” ao equipo de transmisións en beneficio da cidadanía.

O popular recordou que a alcaldesa anunciou hai menos de tres semanas a adquisición de 150 aparatos de comuniciación para os axentes, vehículos e motocicletas da Policía Local, por un valor de 190.000 euros, unha inversión á que, a día de hoxe, non se lle pode sacar todo o rendemento.

 

Bombeiros e Protección Civil

Enrique Rozas tamén pide ao goberno local que se incorpore ao servizo de Bombeiros e a Protección Civil a este novo sistema de transmisións, xa que despois da inversión realizada “o lóxico é sacar o maior rendemento” ao mesmo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies