Zona Rural

El PP denuncia que un colector en Meilán echa augas fecales a pocos metros de la captación de la potabilizadora

By 15 noviembre, 2017No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López explica que un colector en la parroquia de Meilán, que tiene un aliviadero, que con las tormentas vierte directamente aguas fecales al Miño por lo que urge al gobierno local a buscar una solución para que esta situación no se repita más.

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, e o concelleiro popular Manuel López vistaron a parroquia de Meilán, onde se reuniron cos veciños da zona para escoitar as súas demandas e ver in situ os problemas que hai na parroquia. Entre as máis destacadas está un colector, que ten un aliviadero, que cando hai tormentas verte directamente augas fecais ao Miño. Manuel López asegura que “comprobamos como na saída do colector se acumulan desperdicios, plásticos, lixo e restos orgánicos que na época de tormentas van directos ao Miño, a escasos metros da zona de captación da potabilizadora”.

Para os populares este é “un grave problema” xa que é unha fonte de contaminación. Cómpre buscar unha solución para evitar que esta situación se repita e que “as augas fecais vaian directamente ao río Miño”.

Os veciños de Meilán explicaron tamén aos populares que non se pode permitir que se empreguen diferentes zonas da parroquia como vertedoiros incontrolados, xa que en varios puntos se depositan cascallos de obras e outros residuos. Neste eido, Manuel López ratifica as demandas dos veciños e asegura que “é unha denuncia que dende o Grupo Popular xa realizamos en numerosas ocasións nos últimos anos, pero semella que aos socialistas lles gusta que Meilán se empregue como vertedoiro incontrolado xa que non fan nada para solucionar o problema”.

O popular tamén pide ao goberno local a limpeza inmediata das cunetas da parroquia, pero en concreto as do lugar de Milleirós para que “éstas evacúen correctamente a auga”. O problema aquí é que a estrada está en pendiente, polo que como as cunetas non evacúan a auga, ésta entra nas vivendas dos veciños. O principal problema dase na vivenda nº9 de Milleirós, onde a auga xa asolagou en numerosas ocasións a parte baixa do inmoble, tanto de vivenda como de alpendres, almacén de leña e demais construccións anexas.

Unha denuncia que xa se fixo hai catro anos e que os socialisas non amañaron. López explicou que a auga segue a danar casas e alpendres xa que os tubos de desague están tupidos.

Por iso, Manuel López anuncia que o seu grupo levará un rogo á comisión para que o goberno local actúe na zona e solucione así o problema aos veciños.

Responder

seis + diecisiete =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies