Seguridad

El PP ve una incoherencia que el PSOE vaya en la pancarta en las manifestaciones contra la okupación y luego vote en el pleno en contra del mismo manifiesto vecinal

By 31 marzo, 2022No Comments

Los populares consideran un fraude que los concejales socialistas, que apoyaron la manifestación vecinal en contra de las okupaciones ilegales, votaran en contra del manifiesto que se elevó al pleno y en el que se transcribía el manifiesto que presentaron los vecinos que asistieron la esta concentración

Nos últimos tempos diversas asociacións veciñais fixeron diversas chamadas ás administracións públicas para que se dea unha resposta clara e contundente ás ocupacións de vivendas privadas en diversas zonas da cidade, pero fundamentalmente na Avda. Adolfo Suárez. A día de hoxe estes veciños non son quen de ver unha actuación que sirva de garante do seu lexítimo dereito a dispoñer dos seus bens en todo momento, unha obriga ineludible para aqueles, que mediante os votos, foron erixidos en xestores dos entes administrativos e que non son quen de dar solución a problemas de gran envergadura que, ademais de ser xa reiterados, están a desestabilizar ao habitantes da zona.

Os cidadáns non son os que teñen que ofrecer vivenda aos OKUPAS, isto é unha obriga das Administracións de forma coordinada.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, trae hoxe a debate neste pleno esta proposición, defendida polos convocantes da manifestación contra a okupación ilegal de vivendas que tivo lugar na nosa cidade hai unhas semanas, e que se subscribe e apoia dende este Grupo político. E por elo que considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde demandar os seguintes puntos ás diferentes administracións:

Á XUNTA DE GALICIA:

– Se restitúan os servizos de asesoramento das ocupacións atendidos ata o de agora dende o teléfono 900121221 dende 2015 e asignado de novo o 4 de decembro de 2020, onde o IGVS a través do “Consello de Avogacia” ofrecía asesoramento gratuíto prestado por profesionais en materia de vivenda a todos os propietarios ou usufructuarios de vivendas afectadas por unha ocupación ilegal. (Véxase Guía Informativa de ocupación ilegal da Xunta de Galicia).

– Se confeccione e aprobe con urxencia o Decreto Regulador das Inspeccións Técnicas de Edificios anulado no 2017 polo Tribunal Constitucional e que a partir de agora recibirá a denominación de Informe de Avaliación de Edificios.

– Se programe a disposición de vivenda social na comunidade de forma anual en función das necesidades reais do momento.

AO GOBERNO DO ESTADO:

– Cambio lexislativo INMEDIATO en materia de ocupacións, que libere as vivendas ocupadas dende o minuto un do coñecemento da ocupación.

– Elaboración de protocolos de actuación ante a ocupación ilegal, que contemplen o endurecemento das penas e sancións pola ocupación así como  solucións habitacionais alternativas, en caso de ser precisas, de acordo coa lexislación actual e de apoio nos procedementos a usar por outras Administracións.

– Dar ordes a través da fiscalía xeneral do Estado de levar por trámite de urxencia inmediata a desocupación de vivendas ou locais particulares.

– Dispoñer dun sistema de vixilancia especial e continuada por parte dos distintos corpos policiais nas zonas onde se están a  producir as ocupacións, controlando incluso obras ou traballos que se poidan estar levando a cabo de a cara a instalacións sobre os inmobles, como conexión a redes de telefonía (sen que exista documentación de propiedade que o permita).

AO CONCELLO DE LUGO:

– Denegar de forma rotunda calquera inscrición no Padrón do Censo Municipal, por non ser titulares da propiedade nin dispoñer de ningún contrato de arrendamento ou título por parte dos okupas, nin permiso dos propietarios para residir no inmoble, de acordo coa lexislación vixente.

– Verificar e cancelar calquera tipo de axuda social para as persoas que levan a cabo a ocupación de inmobles, de forma coordinada co resto de Administracións involucradas.

– Que, por parte do Concello, se realice de xeito inmediato un censo de locais e inmobles baleiros, a súa condición estructural incluídos os faiados, seus elementos de seguridade, decoro, estanqueidade e blindaxe…

– Apertura de expediente de ruína a todas aquelas edificacións que presentan evidencias graves, incluso de derrubo sobre a rúa.

– Levar a cabo e actualizar periodicamente un censo municipal de vivendas ocupadas, das que se teña constancia, e que este sexa público, por si o verdadeiro propietario non coñece a situación por residir fora desta cidade.

– Contactar con outros colectivos cidadáns, para esixir pola vía rápida unha lexislación sumamente protectora da propiedade privada, para os lexítimos donos, igualmente que estes entes actúen ante a Fiscalía e os Xulgados, facilitando ao tempo asesoría xurídica aos prexudicados.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies