Urbanismo

El PP ve peligrosa la partida para demoler el Garañón porque implicaría porque implicaría repercutir el gasto a los lucenses

By 23 febrero, 2017No Comments

O voceiro do Grupo Popular manifestou  a súa satisfacción “polo cambio de postura da alcaldesa así como polo tirón de orellas aos seus antecesores pola xestión urbanística do Garañón” pero tamén expresou o seu temor a que a renuncia da alcaldesa a seguir pleiteando polo Garañón sexa “unha farsa política e unha medida de cara á galería” dado que esta decisión “é consecuencia dunha sentenza que sabe que ainda que a recurrise non a ía gañar”.

Para Jaime Castiñeira o anuncio de que se incorpora unha partida específica para a demolición das Torres das Costas do parque “é un perigro xa que  pode supor un recoñemento claro de que temos que pagar os lucenses tanto a demolición como as indemnizacións ao promotor das Torres das Costas do parque”. O voceiro popular explicou que “sería moito máis prudente que a partida non fóra nominativa, e se crease para derribos motivados por licenzas mal dadas”. De feito este concepto foi o que se aprobou hai un mes na inciativa que levou a pleno o Grupo Popular e na que “curiosamente” votaron en contra os concelleiros do PSOE.

Jaime Castiñera foi contundente canto ao pago das indemnizacións millonarias que poden resultar deste despropósito urbanístico “se hai que pagar as indemnizacións que o fagan os responsables desta irregulariedade: o señor Orozco e o Señor Besteiro e, se quere subsidiariamente, todo o Partido Socialistas” engadindo que  “sería unha indecencia que se repercuta un só euro aos lucenses que non tivemos culpa desta desfeita feita a sabendas polos gobernantes do Partido Socialista daquel momento”

O voceiro popular facía estas declaracións logo de cuestionar a imparcialidade do informe externo no que a alcaldesa fundamenta a súa decisión xa que “se adxudicou a dedo” a unha persoa vinculada ao Partido Socialista. Castiñeira afirma que “parece que o fixeron para amortiguar as chapuzas e irregularidades que o goberno socialista cometeu na xestión urbanística das torres do Garañón”. O autor do informe, Alfredo Cerezales,   foi cargo de libre designación ocupando o posto de director de urbanismo cos alcaldes socialistas de A Coruña, Paco Vázquez e Losada e tamén foi xerente de EMUVISA (Empresa Municipal de Santiago).

Co obxeto de defender os intereses dos lucenses, o popular fixo un chamamento primeiro, ao goberno socialista, para que convoque canto antes a Comisión do Garañón que pediu e levou o seu grupo a pleno ata en dúas ocasións, a última no pleno do pasado mes de febreiro. En segundo lugar, Castiñeira tamén fixo un chamamento ao resto dos grupos da oposición  para que se acorde contratar unha verdadeira asesoría externa, tanto dende o punto de vista urbanístico como xurídico. O popular reclamaba esta análise exhaustiva argumentando que “o caso do Garañón hai que estudalo de forma global e non por partes”. “No informe de parte, que encargou a alcaldesa, non se dedica nin unha soa liña aos procesos xudiciais abertos, nin o convenio asinado en 2005 por Orozco que é a punta do iceberg deste enredo urbanístico” matizou Castiñeira. Os populares insisten en que hai cláusulas do convenio que poden abrir unha vía da declaración de nulidade deste documento e lamentan que non se explore esta vía.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies