InfraestructurasMobilidade

El PP ve improvisación en la organización del tráfico de los residentes en la Calzada da Ponte tras la peatonalización de la vía

By 25 marzo, 2024No Comments
  • Os populares presentan un rogo con varias peticións como son implementar medidas para identificar os vehículos da veciñanza da zona para que poidan estacionar, solucionar problemas de drenaxe e eliminar o cableado de fachada
  • Os populares lamentan falta de planificación nas obras de peonalización da Calzada da Ponte que se inauguraron en decembro sen ter pechado o sistema para facilitar o estacionamento e o tránsito de vehículos dos residentes por esta vía que comunica a rúa Santiago ata a Ponte Romana.
  • Solicítase que se poña en marcha un sistema mediante rexistro, tarxeta ou similar que identifique os vehículos dos residentes para que poidan estacionar sen risco de que reciban multas.
  • Na actualidade existe a sinalización para que só poidan estacionar os vehículos dos residentes pero o Concello non implementou ningún sistema para identificalos. Nese senso tamén solicitan un mecanismo para garantir o acceso a non residentes a recoller a persoas, recoller ou entregar mercancías ou tarefas similares.
  • Os residentes desta vía solicitan que se lles autorice poder circular por debaixo do paso soterrado da Ronda do Carmen e piden que se indique a excepcionalidade de paso para a veciñanza.
  • Os residentes demanda que se cumpra o compromiso do goberno local coa veciñanza da Calzada e se soterre o cableado, unha operación que figura no propio proxecto da obra.
  • Tamén piden que se dea unha solución aos problemas de drenaxe que hai xa que tan só se deixaron 2 arquetas transversais de recollida de pluviais ou escorrentia, o que provoca que en días de abundantes precipitacións se forme unha riada de auga.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies