Cultura

El PP ve electoralista y poco serio que en dos semanas se cuadriplique la inversión para poner en marcha el nuevo auditorio de Magoi

By 8 junio, 2022No Comments

Los populares lamentan que Lara Méndez “pretenda desviar a la atención de los vecinos con una actuación en el exterior del inmueble que, si bien mejorará el entorno, no era necesaria para abrir esta infraestructura que lleva dos años siendo propiedad municipal”

O Partido Popular quere que se diferencie o que a alcaldesa quere investir en reparacións e o que se destinará a obra nova  no auditorio de Magoi. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide fixo esta petición logo da última cifra que deu a coñecer a alcaldesa sobre o custe das reparacións na infraestructura que é propiedade do concello de Lugo dende hai dous anos.

Os populares razoan “se xa había un acceso a que se debe o cambio da urbanización” aclarando que “o edificio, independentemente das melloras exteriores, podería estar aberto e funcionando se Lara Méndez tivese un mínimo interese”. “Méndez escúdase nunha obra nova no entorno que mellora a estética coa que pretende agochar a súa incapacidade para poñer en marcha un edificio do que debería sentirse orgullosa”.

Outro aspecto que o PP critica é o momento do anuncio “a un ano das eleccións vénse que se lles foi das mans e que son incapaces de abrir esta infraestrutura xa que non tiñan trazado un plan, nin saben como xestionalo, nin darlle contido”. Con respecto aos prazos auguran que o bipartito acabará o mandato sen abrir o edificio “aínda tendo listos esta semana os pregos aínda hai que cumprir os prazos para a presentación de ofertas, de reclamacións… poderíamos estar falando de 12 meses no caso máis optimista”.

Ameijide “tamén ve pouco serio que en dúas semanas se cuadriplique o investimento” matizando que “o baile de cifras, que en dúas semanas variou ata catro ocasións pasando dos 300.000€, aos 800.000€, a 1M€ e por último a 1.3M€”.

Os populares pregúntanse “se o edificio non estaba para recibir como foron tan irresponsables de incorporalo ao patrimonio municipal” e lembran como o Concello de Lugo aceptou o edificio “despois de que técnicos municipais fixeran unha revisión e lle desen o seu visto e prace e a acta de recepción asinouse sen poñer nin unha soa coma, nin pega”.

Por último, Ameijide considera unha falta de lealdade e unha actitude covarde “que a alcaldesa en vez de xestionar se dedique a facer oposición á Xunta para agochar a súa falta de traballo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies