Infraestructuras

El PP urge el arreglo de la baranda del paseo Álvaro Cunqueiro y la limpieza de la maleza a un lado del Miño

By 3 agosto, 2022No Comments

Los populares visitaron el barrio trala llamada de varios vecinos alertando de la caída de una parte de la baranda del Paseo Álvaro Cunqueiro, por lo que urgen a la reparación de esta infraestructura para garantizar la seguridad de las personas que a diario pasean por esta zona

Concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular desprazáronse ata o barrio da Ponte tras unha chamada dos veciños alertando da caída dunha parte da varanda que hai no Paseo Álvaro Cunqueiro, na marxe pegada á beira do río Miño.

Unha parte da varanda desta rúa caeu e está precintada pola Policía Local, pero urxe a súa reparación xa que é moita a xente que a diario pasea por esta zona da cidade xa que á beira do Miño a temperatura lévase moito mellor. Ademais, visto a imaxe que deixa esta beira do río, os concelleiros populares urxen unha limpeza da maleza, xa que debido ao seu volume non se pode nin ver a distancia á que está o cauce. Unha limpeza que non ten por que realiza unicamente a Confederación Hidrográfica Miño Sil, xa que tamén a pode acometer o propio Concello de Lugo, previa petición de permiso á Confederación, algo que xa fixo noutras ocasións.

Durante a visita os populares tamén aproveitaron para ver a situación na que está o barrio e anunciaron que se presentará unha iniciativa para pedir a mellora do mantemento do barrio, algo para o que urxe pavimentar unha pista que dá acceso a varias vivendas no Paseo Álvaro Cunqueiro. “Os veciños desas vivendas teñen problemas para acceder as súas casas debido ao mal estado do firme. Incluso vemos como hai un particular rehabilitando unha vivenda, o mínimo que debe facer o Concello é ter en boas condicións esta pista, algo que se pode facer en pouco tempo e sen supor un custe excesivo”, sinalan.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies