InfraestructurasMedio Ambiente

El PP urge la reparación de las traviesas de madera de la escalinata del parque Rosalía de Castro

By 5 noviembre, 2022No Comments

Para los populares urge esta intervención, que tenía que haberse realizado hace varios años, ya que muchas de las traviesas están rotas, con agujeros o totalmente deterioradas lo que hace peligrosa esta escalinata

O estado de mantemento e conservación en xeral da cidade de Lugo ten que mellorar moito, unha circunstancia que non escapa a ningún veciño pero que seguen a negar desde o goberno local.

Un dos exemplos que poñen os populares sobre a mesa son as escalinatas do parque Rosalía de Castro. Hai anos que estas escaleiras están nun estado nefasto, coas partes de madeira totalmente esnaquizadas, cheas de buratos e, nalgún caso, soltas o que supón un verdadeiro “perigo” para calquera usuario e que xerou moitas queixas durante as pasadas patronais, xa que as costas do parque congregan a centos de persoas durante o San Froilán.

Esta non é a primeira vez que desde o PP se pide a renovación e mantemento da escalinata das costas do parque Rosalía de Castro e, mentres o goberno local mirou a outro lado, o estado foi empeorando co paso dos meses.

A petición dos populares baséase en traballos de mellora, aseo e mantemento desta zona ademais de mellorar a limpeza, eliminando pintadas e reparando o mobiliario, sen esquecer a revisión e substitución das travesas de madeira deterioradas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies