Infraestructuras

El PP urge la renovación de la red de aguas del Ceao para poder aumentar la presión y garantizar el servicio de extinción en caso de incendio

By 18 agosto, 2021No Comments

El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Amejide explica que después de tener acceso a los informes municipales sobre el incendio del Ceao, del pasado mes de abril, puede comprobarse como eran ciertas las sospechas del PP sobre la ausencia de presión de agua, por lo que piden la renovación de las tubarias ya que la red actual tiene un elevado riesgo de rotura en caso de que se aumente la presión del agua.

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, urxe ao goberno local a planificar e proceder á renovación da rede de subministro de auga naquelas zonas do polígono do Ceao nas que a presión da auga é moi pequena para garantir o acceso no caso de emerxencia.

Ameijide fai esta petición despois de ter acceso aos informes municipais derivados do incendio que tivo lugar no polígono do Ceao o pasado mes de abril, suceso tralo cal dende o Grupo Municipal Popular se felicitou aos servizos de emerxencias pola súa magnífica labor, pero tamén se criticou a falta de presión de auga coa que tiveron que afrontar ese suceso. Neses informes certifícase a sospeita dos populares, “que a falta de presión de auga dificultou enormemente as tarefas dos servizos de extinción de incendios”, pese ao cal conseguiron controlar as lapas e sofocar o incendio.

Segundo os informes municipais, a presión de auga nas rúas onde tivo lugar o incendio tiñan unha presión moi baixa, de entre 0.6 e 0,8 kg/cm2, mentres que, por exemplo, na rúa dous carpinteiros, á carón da ITV hai presións de 3,8 kg/cm2. “Queda claro que a mínima presión de auga coa que tiveron que afrontar o incendio os bombeiros foi o seu gran rival xunto ás lapas”, criticou.

Para o popular urxe a renovación da rede, xa que no caso de que o goberno local optase por aumentar de inmediato a presión de auga correríase o risco, nunha porcentaxe moi elevada, de sufrir rebentóns ou roturas na rede xa que as tubaxes son moi antigas, de fibrocemento, polo que moitas delas xa superaron con creces a súa vida útil. “A realidade non é que non hai presión suficiente de auga, senón que as tubarias tampouco son capaces de asumila no caso de que se lle meta máis presión”, lamentou.

Unha solución que plantexan os populares e tamén o servizo municipal de enxeñería, xa que no informe falan da necesidade da planificar un plan director do ciclo da auga e, dentro dese plan director, facer unha planificación e propostas de intervención para mellorar a rede de servizos. “Dende o primeiro minuto xa o advertimos, nos e todos os afectados do incendio, pero semella que os únicos que non quixeron ver a realidade eran a alcaldesa e os seus concelleiros que tiñan como única preocupación dicir que a falta de presión de auga non era verdade”, criticou.

Aumentar o número bombeiros

Outra das conclusións que se extraen destes informes é que o servizo municipal de extinción de incendios “fixo o posible e o imposible” para apagar o incendio, a pesar da pouca presión de auga e de que contan cun cadro de persoal que necesita moito máis reforzo e mais persoal, xa que dos case 100 bombeiros que debería haber, segundo as directivas europeas, non hai nin sequera a metade. “Reiteramos o noso máximo agradecemento aos bombeiros de Lugo xa que á vista dos medios dos que dispuxeron realizaron unha labor rápida e efectiva a pesar dos problemas que tiveron”, finalizou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies