UrbanismoZona Rural

El PP solicita la convocatoria extraordinaria de la comisión de sostenibilidad urbana para que Santos aclare los avances que anuncia del PXOM

By 31 mayo, 2021No Comments

El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide se mostró muy preocupado por las palabras de Álvaro Santos ya que en ningún momento explicó los “supuestos avances” del gobierno local para alcanzar la aprobación del documento urbanístico más importante del ayuntamiento

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pide a Álvaro Santos a convocatoria extraordinaria da comisión de sostibilidade urbana para que o responsable de Urbanismo explique aos grupos municipais os “supostos avances” do goberno local para acadar a aprobación definitiva do PXOM, avances que non foi capaz de explicar nos medios de comunicación.

Antonio Ameijide amosouse preocupado ante as declaración de Álvaro Santos nos medios de comunicación, xa que o responsable de Urbanismo non foi capaz de explicar eses avances que o goberno local realizou para acadar a aprobación definitiva do 5% do PXOM. “Como non dixo nada concreto nos medios de comunicación queremos que o explique aos grupos municipais xa que estamos moi preocupados”, sinalou.

Os concelleiros populares están preocupados xa que o Concello de Lugo aínda non resolveu as deficiencias que sinalaba o informe da Xunta, remitido en outubro de 2016, e que eran as mesmas que lle comunicara no ano 2013, onde se pedía ao concello corrixir os aspectos reflectidos na orde de aprobación definitiva do 95% do PXOM en 2011 e que, posteriormente, se lle volveu a demandar en 2020.

Ameijide lamenta as formas do novo responsable de Urbanismo xa que, en lugar de poñerse ao día da situación desta área, evitou falar co anterior responsable, Miguel Couto, para coñecer os pormenores dos principais asuntos enquistados neste departamento, polo que moito nos tememos que neste mandato tampouco se aprobará o 5% restante do PXOM.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies