Seguridad

El PP satisfecho tras ver como PSOE y BNG apoyan la necesidad de mejorar la seguridad en los barrios de Lugo

By 29 diciembre, 2022No Comments

El voto positivo realizado por toda la corporación va dirigido a mejorar la seguridad en el municipio a través de planes de seguridad específicos para los diferentes barrios de la ciudad donde se coordinen los distintos cuerpos de seguridad para que haya más presencia policial en las calles.

A convivencia en comunidade esixe o cumprimento de normas sociais. Unhas normas que, á súa vez, permiten o exercicio de dereitos que están garantidos a través de normas aprobadas polas Administracións Públicas, xa que son estas as que teñen a obriga de exercer un liderado para preservar o espazo público como un lugar de convivencia e civismo, baseado no respecto.

Os comportamentos incívicos, en calquera ámbito, ademais de danar bens e espazos que son patrimonio de todos, supoñen un ataque á convivencia, unha actitude insolidaria e unha falta de respecto cara os cidadáns.  Pero non só os bens públicos, a propiedade privada tamén debe ser obxecto de protección por parte das administracións públicas.

Os concellos, como administracións máis próximas ao cidadán, teñen a obriga de dar respostas claras e contundentes ás accións que son quen de poñer en risco a convivencia. Lamentablemente na actualidade, lévanse a cabo actividades que son contrarias ás normas básicas de civismo como as que desenvolven os gorrillas, okupas, venda ilegal na rúa, danos ao patrimonio, pintadas, vandalismo, etc. Accións que se teñen convertido nunha imaxe habitual en diversos barrios da nosa cidade.

Os corpos de seguridade precisan de efectivos e de ferramentas suficientes  para poder sancionar e combater aquelas actuacións veciñais susceptibles diso  e os veciños da nosa cidade precisan da seguridade de que, dende o punto de vista político, social e municipal, estase a facer todo o posible para que se garanta a seguridade e a protección da propiedade.

O artigo 149.1.29.ª da Constitución Española establece como competencia exclusiva do estado a seguridade pública, sen prexuízo da posibilidade da creación de policías polas Comunidades Autónomas na forma que se estableza nos respectivos Estatutos no marco do que dispoña unha Lei Orgánica. É por isto que a  subdelegación do Goberno ten a obriga de poñer efectivos para reforzar a seguridade naqueles puntos nos que a Policía Local o precisa, cunha actuación contundente e dotada de medios legais para garantir a liberdade de toda a cidadanía, preservando o patrimonio e a convivencia.

Existen barrios, como o da Milagrosa, que a día de hoxe demandan o compromiso firme de que se vai a reforzar a presencia policial coordinada entre a Policía Local e a Policía Nacional. Estamos a falar dun barrio vítima do abandono que ve como os problemas de convivencia están a converter este barrio na imaxe da decadencia. Prostitución, tráfico de drogas, okupación…. son queixas que trasladan a diario os veciños da zona.

Por todo elo, ou Grupo Municipal Popular que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde instar ao equipo de goberno a:

1.- Na xunta local de seguridade se deseñen planes de seguridade específicos para os diferentes barrios da cidade onde se coordinen os distintos corpos de seguridade para que haxa máis presencia policial nas rúas, tendo en conta aqueles barrios que presentan problemas como pode ser o da Milagrosa.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies