Economía

El PP revela que la mitad de las empresas han renunciado a la ayuda que tenían concedida en el plan de empleo

By 17 febrero, 2017No Comments

El viceportavoz popular Antonio Ameijide denuncia que 35 de las 75 firmas privadas que tenían concedida una subvención al amparo del (Con)Trato Feito comunicaron al Ayuntamiento que desisten de ella, “dejando sin opciones de un puesto a 35 parados lucenses”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, revela que case a metade das empresas (un 46,7%) que tiñan concedida unha axuda ao abeiro do (Con)Trato Feito comunicáronlle ao Concello a súa decisión de renunciar a elas.

En concreto, das 95 entidades privadas que presentaron a súa candidatura a obter unha subvención, sete foron desestimadas ao non cumpriren os requisitos, 13 non resultaron beneficiarias por falta de crédito orzamentario e as restantes 75 si foron adxudicatarias na liña A do proxecto, dotada con 920.000 euros. Destas 75, 35 notificaron que desisten do importe que lles correspondía. “Cando renuncian preto da metade das firmas privadas que xa tiñan adxudicada unha axuda que previamente solicitaran, é evidente que hai algún problema, ben nas bases, ben nas candidaturas ou ben na xestión municipal”, subliña o vicevoceiro popular, ao tempo que incide en que fai esta valoración “deixando á marxe o feito de que só 95 empresas concorreran a esta convocatoria”. “É un bo síntoma de que os emprendedores e empresarios non confían moito na administración local”, opina, “algo que é lóxico vendo que a cidade galega que peor paga e a terceira española que máis retrasa os seus pagamentos”.

Así mesmo, o vicevoceiro popular subliña que esta situación “prexudica, como é obvio, ás firmas privadas que non dispoñen dun empregado pero, sobre todo, a 35 desempregados lugueses que se verán privados de poder optar a estes postos”. Para paliar esta situación, Antonio Ameijide propón ao goberno local que abra unha segunda convocatoria na que invirta, por unha banda, os 404.760,61 euros froito das renuncias destas 36 entidades (35 empresas e unha asociación), e, pola outra, os 15.427,28 euros que quedaron sen adxudicar dende o primeiro momento. “Estamos a falar duns 420.000 euros que estarían moito mellor destinados na creación de emprego que no almacenamento compulsivo nas arcas municipais por culpa dun goberno que presume de superávit a costa de manobras coma esta”, asegura.

Finalmente, Antonio Ameijide reclama dos socialistas “unha aposta firme e real pola creación de emprego, que vaia máis aló de parches puntuais e de simples campañas que teñen moito máis de marketing que de preocupación verdadeira”. “Nin ao PP nin aos lugueses nos serve que o goberno local infle sistematicamente os importes que di que destina a estas partidas cando a realidade, e este tipo de cifras é o que avalan, é que as súas convocatorias non son atractivas”, conclúe. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies