Tráfico

El PP revela que Lugo registra cinco heridos de media a la semana en accidentes de tráfico

By 4 abril, 2017No Comments

El viceportavoz Antonio Ameijide denuncia que “el deterioro en materia de seguridad vial desde la llegada de la alcaldesa se refleja en que el número de peatones heridos en vía urbana se ha duplicado entre el último año de Orozco y el primero de Méndez”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, revela que o municipio rexistrou case cinco feridos por accidentes de tráfico de media cada semana ao longo de 2015, ano no que houbo un total de 237 feridos en vía urbana segundo as estatísticas oficiais da Dirección General de Tráfico correspondentes a ese ano (o último do que están dispoñibles ao completo).

Segundo expón o popular, a comparativa co resto de cidades galegas é “demoledora”, ata o punto de que “non só a probabilidade de sufrir un sinistro en Lugo é a máis alta de toda Galicia senón que un lugués ten practicamente o dobre de posibilidades de verse involucrado nun accidente de tráfico que un ourensán, cando o perfil demográfico de ambas as dúas cidades é moi similar en aspectos como o número de habitantes ou a súa media de idade”.

Paralelamente, o vicevoceiro popular incide en que “o notable deterioro da cidade en materia de seguridade viaria dende a chegada de Lara Méndez á alcaldía apréciase ben no número de peóns feridos en vía urbana, xa que os do primeiro ano completo da alcaldesa (2016) duplicaron os do último ano completo do ex rexedor (2014)”, ao pasar de 0 a 2 falecidos e de 38 a 61 feridos. “Loxicamente, é moi difícil chegar a unha taxa cero de afectados, pero é igual de difícil exhibir unha despreocupación tan evidente como a desta alcaldesa a este respecto”, asevera.

Nesa liña, en opinión de Antonio Ameijide, resulta “a todas luces incomprensible” que a alcaldesa asista “impasible” á escalada de percances, cun “mantemento evidentemente deficiente das vías públicas” e con “parches puntuais” de “escasa incidencia” e que en algún caso mesmo agravan a situación previa ao xerar novos riscos por factores como a contradición entre a sinal vertical e horizontal, como acontece dende o último repintado viario no acceso dende a Avenida de Madrid ás facultades de Enfermaría, Humanidades e Relacións Laborais, ao complexo deportivo de As Pedreiras e ao Pazo Provincial dos Deportes.

Así mesmo, o vicevoceiro popular censura que “Méndez faga caso omiso ás reiteradas propostas que ten trasladado o Grupo Municipal do Partido Popular en relación á seguridade viaria”, con propostas plenarias aprobadas a instancias deste grupo político como un Plan Integral de Protección do Peón, que a alcaldesa é a máxima responsable de non executar “aínda cando é ela quen ten directamente atribuídas as competencias en materia de tráfico”.

Por último, Ameijide critica que tampouco se teña avanzado noutras demandas do Partido Popular como o redeseño dos puntos negros da cidade, a mellora “integral” da mobilidade nos entornos dos centros educativos, a substitución da regulación semafórica por rotondas na zona de Magoi, a reubicación dos semáforos, a instalación de novos dispositivos deste tipo ou os cambios na regulación semafórica en canto ás frecuencias de paso, por exemplo nas inmediacións do novo centro comercial de Abella. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies