Medio Ambiente

El PP reclama la retirada de escombros que se acumulan en el paseo de Ombreiro a la altura del puente nuevo

By 21 octubre, 2016No Comments

El PP afirma que la falta de control por parte del ayuntamiento contribuye a la proliferación de vertederos ilegales por lo que pide que se ponga en marcha una campaña de detección y eliminación de este tipo de vertederos.

O Grupo Popular solicita a retirada dos sacos de escombros que están tirados ao pé do paseo de Ombreiro. O vertedoiro ilegal está situado a uns 500 metros da ponte nova “invadindo un entorno privilexiado xa que os residuos están espallados nunha zona próxima ao Miño”.

 Os populares lamentan “a proliferación de vertedoiros ilegais coma este do paseo do Miño” e pídenlle ao goberno local que “poña en práctica unha campaña de detección e eliminación destes puntos que provocan un gran impacto ambiental e danan a imaxe das zonas verdes de Lugo.

Os populares trasladaron, á Comisión que se celebrou esta mañá, outras dúas peticións relacionadas co mantemento integral de varias zonas entre as que destacan “o arranxo dunha fuga de auga que dificulta o paso no paseo do Miño á altura do Balneario e os problemas de aseo urbano en Marqués de Ombreiro”. Neste último punto os veciños queixanse porque  “a maleza invade espazos públicos que obriga aos veciños a utilizar a calzada en vez da beirarrúa”. “É de xustiza solucionar os problemas de seguridade vial e de salubridade que sufren os residentes desta rúa”, concluiu Ameijide.

Responder

12 − 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies