CulturaInfraestructuras

El PP reclama con flores la apertura del nuevo Auditorio de Magoi

By 23 mayo, 2021No Comments

Los concejales populares protagonizaron esta mañana un nuevo acto simbólico para visibilizar que el nuevo Auditorio de Lugo sigue cerrado “a pesar de que hace 334 días tuvo lugar a recepción oficial del edificio con la entrega de llaves al Ayuntamiento de Lugo por parte de la Xunta”

Os concelleiros do Grupo Popular colocaron esta mañá macetas con flores ao pé do novo auditorio de Magoi montando a silueta dos 334 días que leva pechado o edificio dende que Méndez e Arroxo recibiron da Xunta as chaves desta infraestructura, o pasado 23 de xuño de 2020”.

Con esta nova acción reivindicativa o PP quere lembrar que “tan só faltan 31 días para que se cumpra un ano dende a recepción oficial desta dotación que xa é patrimonio municipal”. O voceiro popular lamentaba que “a estas alturas sigamos sen saber para cando se vai a abrir, descoñecemos o modelo de xestión, os custes do seu mantemento así como o contido que vai ter no futuro”

Os populares poñían como proba da súa despreocupación “a imaxe que hai arestora do edificio: non hai máis que ver como teñen a zona, con maleza de altura, incluso trepando pola valla perimetral que está nalgunha zonas deteriorada e incluso hai puntos onde permite o paso aos cidadáns”.

O voceiro popular  invita a todos os lucenses a achegarse ata o edificio para que recollan, e se leven á casa unha  das flores coas que fixeron este acto simbólico xa que “así polo menos coñecerán e visitarán  por fóra este edificio no que se investiron máis de 20 M€”

Esta nova acción do Partido Popular reivindicando a apertura do novo auditorio de Magoi iniciouse hai catro meses. Ramón Carballo lembraba como “visualizamos este retraso cun cronómetro cunha conta atrás, cunha pancarta pedindo explicacións á alcaldesa e ao vicealcalde, montando unha biblioparada e agora con esta silueta de flores dos días que levan sen dar unha solución para abrir esta infraestructura”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies