Infraestructuras

El PP propone un itinerario peatonal seguro y accesible para comunicar el parque Marcos Cela con el Miño

By 9 octubre, 2015febrero 1st, 2016No Comments

El portavoz popular Jaime Castiñeira critica que el gobierno local cierre una vía de comunicación con el río “sin dar una alternativa a los usuarios que utilizan este paso para bajar hasta el barrio de A Ponte”

O Grupo Municipal do Partido Popular presentará unha iniciativa en pleno para que o goberno socialista de Lugo “acondicione un paso seguro e accesible que comunique o parque Marcos Cela co Miño á altura da Volta da Viña”.  O voceiro popular solicita que os servicios técnicos de enxeñería municipal estudien opcións viables para crear un itinerario peonil  “se trata de dar alternativas para os usuarios dos barrios de Fingoi e Acea de Olga que utilizaban as escaleiras do parque, agora bloqueadas cunha valla, para baixar ata a Ponte Romana e ata a zona de esparcemento e deportiva do recinto feiral”.

O popular plantea que se constrúa unha beirarrúa, cun tramo en voladizo sobre a N-VI, que comunique as escaleiras do parque Marcos Cela coa vivendas que están na estrada de Santiago xunto ao balneario. A intervención debería contemplar sistemas de protección como vallas e pasos de peóns.  Castiñeira aclarou que “se trata de dar continuidade e unha comunicación directa para potenciar o rio, pechalo temporalmente pode ser acertado sempre que se busque unha alternativa de paso segura”. O voceiro dos populares manifestou que “polas decisións que adopta a nova alcaldesa ponse de manifesto que vai ao máis rápido e cómodo e que non mostra ningún interese en buscar solucións a unha necesidade”.

Jaime Castiñeira indicou que esta intervención non debe ser algo illado senón que debe formar parte dun proxecto integral de cidade onde se potencien os itinerarios peonís. Nese senso puxo de manifesto que “sería positivo que, dende o primeiro momento, se marcasen uns criterios básicos para dar uniformidade a este tipo de actuacións seleccionando o pavimento dos sendeiros peonís, a sinalización, mobiliario urbano, equipamentos e sistemas de protección”.

Por último Castiñeira recriminou que as escaleiras da Volta da Viña, deseñadas dos anteriores gobernos socialistas quedasen inacabadas xa que “nunca se garantiu a seguridade dos peóns que cando baixaban as escaleiras daban a unha cuneta, sen ningún tipo de sistema de protección”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies