Tráfico

El PP propone sustituir el carril bus de la calle Montevideo por una zona de carga y descarga

By 16 noviembre, 2021No Comments

Esta propuesta viene la respaldar a petición que hicieron las empresas de distribución con cuyos representantes se reunió el Grupo Popular ya que “este sector está muy preocupado por los cambios de movilidad y las trabas que tienen, cada vez mayores, para hacer repartos en el casco histórico”

O Partido Popular propón unha solución “rápida, sinxela e sen un gran custe para as arcas municipais que facilitaría a carga e descarga para a hostelería e o comercio no casco histórico”. Os populares respaldan a petición que lle trasladaron distribuidores que operan en Lugo para que se substitúa o carril bus da rúa Montevideo por un carril para carga e descarga “esperemos que sexan sensibles e dado que o pico de actividade máis importante do ano é agora en Nadal sería importante axilizar este cambio”.

“Dende que se peatonalizou a rúa Quiroga Ballesteros carece de sentido esta zona reservada para a circulación dos autobuses e dos taxis”. Os populares aseguran que “á importante reducción de tránsito por este vial súmase que é habitual que o carril bus estea ocupado a calquera hora por vehículos e, polo tanto, non sexa de utilidade”.

A idea é respectar as dúas paradas de autobús que hai nesta vía para dar servizo ás catro liñas de autobús que arestora entran no casco histórico e logo habilitar 30 prazas novas para a carga e descarga e outras tantas para aparcamento lineal. Deste xeito esta rúa Montevideo sería un referente para a distribución de paquetería, alimentación e outros productos que precisen os negocios do centro.

Ameijide indicou que esta medida “só require de vontade política xa que só implica un mínimo investimento de señalización vertical e pintura para sinalizar este cambio”. O popular espera que o goberno de Lara Méndez sexa receptivo a esta proposta que conta co respaldo dos  representantes do sector loxístico de Lugo xa que “con estas novas prazas de carga e descarga dentro do casco histórico se facilitará moito o traballo aos profesionais deste sector que están moi preocupados polos problemas que lles están a ocasionar os cambios de mobilidade na cidade”.

Dende o PP tamén solicitan que se  estuden as mellores alternativas para facilitar o reparto dentro de murallas e, de forma paralela, preservar sen coches a zona centro de Lugo. Nese senso, Ameijide aporta varias ideas que xa se están implantando noutras cidades españolas con éxito como  “realizar a distribución con vehículos eléctricos ou habilitar un Centro de Distribución Urbana de mercadorías”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies